venres, 23 de marzo de 2012

Proxectos realizados 2º ESO A. Curso 2011-2012.

De seguido se mostran as fotos dos proxectos realizados durante a 2ª avaliación en 2º ESO A:

Grupo 1: Triciclo chino. Martín Arosa, Rocío Correa, Santiago Cortizo, Jessica Cortizo e Iván Ferro.

Grupo 2: Ponte levadiza. Ana Ferreira, Ernesto Fraguas, Cristina García e Noelia López.

Grupo 3: Triciclo chino. Cristina Núñez, Roberto Pérez, Andrea Raindo e Daniel Rodríguez.

Grupo 4: Bote Polbeiro. Gabriel Sieiro, Ángel Teijeiro, Pilar Trigo e Cristian Vial.

luns, 19 de decembro de 2011

Realización dos proxectos de 2º ESO A e 2º ESO B. Curso 2011-2012

Rematada xa a 1ª avaliación, comezaremos co traballo principal da 2ª avaliación: Os proxectos de Tecnoloxía.
Para axudar no que será a 3ª fase do proceso tecnolóxico (Construción do proxecto), temos á nosa disposición 3 documentos:
  • Memoria do proxecto en branco.pdf: Para que vaiades enchendo a bolígrafo as diversas partes de que se compón a memoria do proxecto.
  • Memoria do proxecto en branco.odt: É o mesmo documento pero en formato do Write de OpenOffice. Este documento en formato dixital teredes que entregalo na 3ª avaliación aproveitando os datos cumprimentados durante a elaboración do proxecto.
  • Diario de taller.pdf: Este documento serviravos de axuda para ir apuntando a data, o tipo de operación, os responsables de realizala e o tempo aproximado que vos levou. Estes apuntes vos axudarán moito na elaboración posterior da memoria do proxecto.

martes, 8 de novembro de 2011

Asignación dos proxectos de 2º ESO Curso 2011-2012

Dos proxectos propostos para este curso (que se poden consultar nunha entrada anterior deste blogue), os alumnos de 2º ESO A e 2º ESO B, seleccionaron os que van a realizar durante o presente curso 2011-2012 e que se mostran nas seguintes listas:


Como xa sabedes, o método de proxectos consta de 4 fases:
  1. Identificar o problema ou necesidade a resolver.
  2. Explorar as diversas ideas e deseñar as distintas solucións.
  3. Construír o obxecto.
  4. Comprobar o seu correcto funcionamento.
A asignación dos proxectos coincide coa 1ª fase (é dicir a identificación do problema).
O seguinte paso a seguir por cada grupo correspóndese coa 2ª fase (explorar as diversas ideas).

Para isto, contades cun plano de construción (orientativo), que podedes imprimir, modificar e adaptar á idea que tedes para o voso proxecto.  Necesitades tamén, facer unha previsión do material necesario, conseguilo e almacenalo e indicar cales serán os pasos de construción.

Nas vindeiras semanas debedes preparar un informe inicial, para entregar ó profesor, que explique os pasos indicados anteriormente.

martes, 1 de novembro de 2011

Elección dos proxectos de Tecnoloxía 2º ESO Curso 2011-2012

Nos vindeiros días os grupos de taller deberán elixir os proxectos que realizarán durante o Curso 2011-2012.
Para facilitar a elección do proxecto, se mostra unha listaxe de posibles proxectos, divididos segundo a súa dificultade (orientativa) en:
  • Dificultade baixa.
  • Dificultade media.
  • Dificultade alta.
Os grupos tamén poden propoñer os seus propios proxectos, que deberán pasar a aprobación inicial do profesor.

Proxectos de dificultade baixa (o grupo que os elixa deberá realizar varios, debido ó menor nº de horas que levan na súa realización):
  • Bastón de chuvia: Proxecto baseado no kit nº 109.106 de Opitec.
  • Flauta de émbolo: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 106.762 de Opitec.
  • Chaveiro metálico: Elaboración do kit nº 112.064 co material orixinal de Opitec.
  • Escaleira de Xacobe: Proxecto modificado a partires de deseños atopados en internet, Escada de Xacobe (preme na ligazón anterior para acceder ó documento PDF coas indicación de construción).
  • Avión "Nespra": Elaboración do kit nº 100.995 co material orixinal de Opitec.

Proxectos de dificultade media (O grupo que os elixa debe facer só un, salvo que lles dea tempo a facer máis):
  • Carro elevador: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 101.152 de Opitec.
  • Triciclo chinés: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 101.887 de Opitec.
  • Bote de vela "Surprise": Elaboración do kit nº 105.722 co material orixinal de Opitec.
  • Catapulta: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 106.669 de Opitec.

Proxectos de dificultade alta (O grupo que os elixa debe facer só un):
  • Ponte levadiza: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 105.456 de Opitec.
  • Bote polbeiro de Bueu: Modificación do proxecto orixinal (preme para ver os planos en formato PDF) de Francisco Simes Mártinez (EUP. Industrial e Naval).
  • Barca palangreira catalana: Modificación do proxecto orixinal da maqueta dunha barca palangreira catalana (preme para ver o plano en formato jpg), obtida da páxina web ASCNaval.

luns, 31 de outubro de 2011

Grupos de Taller de 2º ESO Curso 2011-2012

Un dos aspectos máis interesantes da materia de Tecnoloxía é a posibilidade de poñer en práctica os coñecementos teóricos que se explican na Clase e aprender técnicas e métodos de construción e traballo con diversos materiais poñendo en práctica o método de proxectos.

Os pasos previos para a realización dos proxectos de Tecnoloxía que se desenrolaran durante a 2ª avaliación na aula-Taller, son os seguintes:

  • Establecemento dos grupos de traballo no Taller.
  • Elección dos proxectos a realizar.
  • Análise inicial dos proxectos, material e ferramentas necesarias.

De seguido se mostran as listas cos grupos de traballo para os proxectos de Tecnoloxía.



Nos vindeiros días, os grupos deberán seleccionar os proxectos a realizar, a partires dunha lista de proxectos presentada polo profesor (considerados adecuados ó nivel de coñecementos e destrezas dos alumnos) ou dunha proposta de proxecto presentada polos alumnos e aprobada polo profesor.

martes, 5 de abril de 2011

Posta en funcionamento do Motor Stirling de cartón

Nesta entrada imos a relatar a posta en funcionamento da maqueta en cartón do motor stirling (kit nº 802.495 de Opitec) por parte do grupo 1 de 3º ESO B formado por:  Iván Varela, Carlos Taboada e Daniel Barros.
A dificultade principal neste tipo de proxectos é pulir os pequenos defectos que dan lugar a rozamentos, perdas de compresión e outros fallos de funcionamento, que motivan que o motor non funcione.
O primeiro que fixemos foi asegurarnos a estanqueidade do cilindro principal (sellamos as xuntas con silicona).
De seguido, pasamos a comprobar a lonxitude das bielas, que aparecen indicadas na figura co número 1.

Tivemos que recortalas para reducir o recorrido da esponxa (pois tocaba coa tapa metálica inferior).
Tamén decidimos lubricar o émbolo que suxeita a esponxa para reducir a saída de aire nesta zona e mellorar o seu movemento (unha alternativa pode ser utilizar graxa).
Despois de diversas probas, logramos que se movera con dificultade, como se pode ver no seguinte vídeo que subimos no noso canal de YouTube.
En futuras melloras, tentaremos facer de novo o pistón de traballo pois notamos que a xunta de látex (cortada dunha luva), indicada co número 2 na figura,  non está ben centrada e se tensa lixeiramente dun lado.
Tamén pensamos que na súa condición actual, pode beneficiar ó movemento do motor incrementar o peso do volante de inercia e pensamos en aplicar uns clips en todo o contorno del para aumentar o seu peso uniformemente.

martes, 22 de marzo de 2011

Proxectos realizados 3º ESO B. Curso 10-11.

De seguido se mostran as fotos dos proxectos realizados durante a 2ª avaliación por cada un dos grupos:

Grupo 1: Motor Stirling (maqueta cartón). Iván Varela, Carlos Taboada e Daniel Barros.

Grupo 2: Motor Stirling (metal). Alexandre Rivas, Iván Barreiro e Iván García.

Grupo 3: A Catapulta. Katia Gaiteiro, Susana Lamas e Diana Varela.


Grupo 4: Mesturador de cor. Patricia Campos, Estefanía López e Raquel Rey.

Se pode ver un vídeo do funcionamento do mesturador de cor (antes de pintalo), premendo no seguinte enlace: Mesturador de cor.

martes, 15 de marzo de 2011

Proxectos realizados 3º ESO A. Curso 10-11.

De seguido se mostran as fotos dos proxectos realizados por cada grupo durante a 2ª avaliación:

Grupo 1: Ponte Levadiza con motor. Daniel Álvarez, Cristian Canabal e Jacobo Taín.

Grupo 2: Mesturador de cor. Uxía Gamallo, Andrea López e Andrea Paz.

Grupo 3: Desenrolo velocidade Da Vinci. Xeila Castro, Sara García e Lucía Méndez.

Grupo 4: A Catapulta. Hector Seijas, Adani Trigo e Claudio Troitiño.

Grupo 5: Polipastos. Cristina Cortizo e Patricia Gaiteiro.

domingo, 26 de decembro de 2010

Memorias de construción proxectos 3º ESO B. Curso 10-11.

Durante a 2ª avaliación cada grupo construirá o proxecto de tecnoloxía que ten asignado. Durante a fase de construción cada grupo deberá levar un diario de construción que lle permita cumplimentar a memoria do proxecto
De seguido, se mostra a documentación (memoria de construción inicial) que se lle subministra a cada grupo, nalgúns casos se trata da memoria definitiva e noutros só é unha memoria orientativa, pois os alumnos deben facer a súa propia versión do proxecto.
Motor Stirling en cartón: Este proxecto é o kit orixinal nº 802495 de Opitec. O grupo encargado de realizar este proxecto debe realizar unha memoria de construción a modo de diario, pero conta con tódalas pezas necesarias para a súa construción (a maioría delas en cartón troquelado). A memoria de construción pode descargarse no seguinte enlace: Motor Stirling cartón.pdf.
Motor Stirling en metal: Este proxecto se corresponde tamén co kit orixinal nº 112.778 de Opitec. Como no caso anterior, o grupo dispón de tódalas pezas necesarias, pero debe aprender a mecanizar metal (aceiro, aluminio, etc). A memoria de construción pode descargarse no seguinte enlace: Motor Stirling metal.pdf.
A Catapulta: Este proxecto se realizará seguindo as instrucións do kit nº 106.669 de Opitec, a memoria de proxecto pode descargarse no seguinte enlace: Catapulta.pdf.
Mesturador de cor: Este proxecto é unha adaptación do kit nº 805437 de Opitec, pero debe realizarse en madeira e usar un motor de DC para xirar os discos de cor. Unha versión orientativa da memoria poden descargala en formato ".doc" do seguinte enlace: Memoria mesturador de cor.doc.

Memorias de construción proxectos 3º ESO A. Curso 10-11.

Durante a 2ª avaliación cada grupo construirá o proxecto de tecnoloxía que ten asignado. Durante a fase de construción cada grupo deberá levar un diario de construción que lle permita cumprimentar a memoria do proxecto
De seguido, se mostra a documentación (memoria de construción inicial) que se lle subministra a cada grupo, nalgúns casos se trata da memoria definitiva e noutros só é unha memoria orientativa, pois os alumnos deben facer a súa propia versión do proxecto.
Ponte levadiza: Este proxecto é unha continuación do traballo realizado o curso anterior. A ponte levadiza debe dotarse dun sistema de elevación por motor con redutora e o correspondente circuíto eléctrico. Se utilizan os planos do kit nº 105.456 de Opitec, que se poden descargar desde este enlace: Ponte levadiza.pdf.
Mesturador de cor: Este proxecto é unha adaptación do kit nº 805437 de Opitec, pero debe realizarse en madeira e usar un motor de DC para xirar os discos de cor. Unha versión orientativa da memoria poden descargala en formato ".doc" do seguinte enlace: Memoria mesturador de cor.doc.
Desenrolo de velocidade da Vinci: Este proxecto será tamén unha adaptación do kit orixinal nº 106.681 de Opitec. Os alumnos deben indicar as dimensións de cada unha das pezas que realicen (no orixinal non se indican pois viñan troqueladas) así como realizar a plantiña dos engrenaxes a partires dun programa de deseño de engrenaxes. A memoria orientativa poden descargala do seguinte enlace: Desenrolo de velocidade da Vinci.pdf.
A Catapulta: Este proxecto se realizará seguindo as instrucións do kit nº 106.669 de Opitec, a memoria de proxecto pode descargarse no seguinte enlace: Catapulta.pdf.
Polipastos: Este proxecto colle como idea base o kit nº 108.580 de Opitec, pero se pide a construción dun modelo de polipasto potencial (con 3 poleas móbiles) e dun polipasto exponencial (de 3 poleas móbiles). A memoria de construción orixinal pode accederse no seguinte enlace: Polipastos.pdf.