martes, 1 de novembro de 2011

Elección dos proxectos de Tecnoloxía 2º ESO Curso 2011-2012

Nos vindeiros días os grupos de taller deberán elixir os proxectos que realizarán durante o Curso 2011-2012.
Para facilitar a elección do proxecto, se mostra unha listaxe de posibles proxectos, divididos segundo a súa dificultade (orientativa) en:
  • Dificultade baixa.
  • Dificultade media.
  • Dificultade alta.
Os grupos tamén poden propoñer os seus propios proxectos, que deberán pasar a aprobación inicial do profesor.

Proxectos de dificultade baixa (o grupo que os elixa deberá realizar varios, debido ó menor nº de horas que levan na súa realización):
  • Bastón de chuvia: Proxecto baseado no kit nº 109.106 de Opitec.
  • Flauta de émbolo: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 106.762 de Opitec.
  • Chaveiro metálico: Elaboración do kit nº 112.064 co material orixinal de Opitec.
  • Escaleira de Xacobe: Proxecto modificado a partires de deseños atopados en internet, Escada de Xacobe (preme na ligazón anterior para acceder ó documento PDF coas indicación de construción).
  • Avión "Nespra": Elaboración do kit nº 100.995 co material orixinal de Opitec.

Proxectos de dificultade media (O grupo que os elixa debe facer só un, salvo que lles dea tempo a facer máis):
  • Carro elevador: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 101.152 de Opitec.
  • Triciclo chinés: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 101.887 de Opitec.
  • Bote de vela "Surprise": Elaboración do kit nº 105.722 co material orixinal de Opitec.
  • Catapulta: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 106.669 de Opitec.

Proxectos de dificultade alta (O grupo que os elixa debe facer só un):
  • Ponte levadiza: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 105.456 de Opitec.
  • Bote polbeiro de Bueu: Modificación do proxecto orixinal (preme para ver os planos en formato PDF) de Francisco Simes Mártinez (EUP. Industrial e Naval).
  • Barca palangreira catalana: Modificación do proxecto orixinal da maqueta dunha barca palangreira catalana (preme para ver o plano en formato jpg), obtida da páxina web ASCNaval.

Ningún comentario:

Publicar un comentario