Nesta entrada podes consultar os contidos
principais da materia de Tecnoloxía en 2º de ESO para o curso 2020-2021, así como os criterios de cualificación.
Podes acceder á seguinte presentación realizada en Genial.ly:
Podes acceder á seguinte presentación realizada en Genial.ly:
Tes a mesma información resumida deseguido:
A materia se compón de 3 grandes contidos:
O
traballo se realizará de xeito individual e en grupos.
Criterios
de cualificación:
1ª
Avaliación:
- Un 20% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
- Un 40% da nota obterase dos controis e exames teóricos. Método de avaliación: Probas escritas.
- Un 30% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais, realización dos proxectos introdutorios, exercicios do caderno, buscas en Internet.
- Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller. Método de avaliación: Valoración da participación.
2ª
Avaliación:
- Un 10% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
- Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller. Método de avaliación: Rúbricas sobre o Proxecto e a Memoria técnica.
- Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais e exercicios do caderno.
- Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller. Método de avaliación: Valoración da participación.
3ª
Avaliación:
- Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos sobre os contidos de programación con Scratch. Método de avaliación: Valoración dos traballos realizados e Rúbricas.
- Un 30% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos sobre os contidos de procesado de texto con Writer e manipulación básica de imaxe. Método de avaliación: Valoración dos traballos realizados e Rúbricas.
- Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase. Método de avaliación: Valoración da participación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario