domingo, 26 de decembro de 2010

Memorias de construción proxectos 3º ESO A. Curso 10-11.

Durante a 2ª avaliación cada grupo construirá o proxecto de tecnoloxía que ten asignado. Durante a fase de construción cada grupo deberá levar un diario de construción que lle permita cumprimentar a memoria do proxecto
De seguido, se mostra a documentación (memoria de construción inicial) que se lle subministra a cada grupo, nalgúns casos se trata da memoria definitiva e noutros só é unha memoria orientativa, pois os alumnos deben facer a súa propia versión do proxecto.
Ponte levadiza: Este proxecto é unha continuación do traballo realizado o curso anterior. A ponte levadiza debe dotarse dun sistema de elevación por motor con redutora e o correspondente circuíto eléctrico. Se utilizan os planos do kit nº 105.456 de Opitec, que se poden descargar desde este enlace: Ponte levadiza.pdf.
Mesturador de cor: Este proxecto é unha adaptación do kit nº 805437 de Opitec, pero debe realizarse en madeira e usar un motor de DC para xirar os discos de cor. Unha versión orientativa da memoria poden descargala en formato ".doc" do seguinte enlace: Memoria mesturador de cor.doc.
Desenrolo de velocidade da Vinci: Este proxecto será tamén unha adaptación do kit orixinal nº 106.681 de Opitec. Os alumnos deben indicar as dimensións de cada unha das pezas que realicen (no orixinal non se indican pois viñan troqueladas) así como realizar a plantiña dos engrenaxes a partires dun programa de deseño de engrenaxes. A memoria orientativa poden descargala do seguinte enlace: Desenrolo de velocidade da Vinci.pdf.
A Catapulta: Este proxecto se realizará seguindo as instrucións do kit nº 106.669 de Opitec, a memoria de proxecto pode descargarse no seguinte enlace: Catapulta.pdf.
Polipastos: Este proxecto colle como idea base o kit nº 108.580 de Opitec, pero se pide a construción dun modelo de polipasto potencial (con 3 poleas móbiles) e dun polipasto exponencial (de 3 poleas móbiles). A memoria de construción orixinal pode accederse no seguinte enlace: Polipastos.pdf.

Ningún comentario:

Publicar un comentario