domingo, 26 de decembro de 2010

Memorias de construción proxectos 3º ESO B. Curso 10-11.

Durante a 2ª avaliación cada grupo construirá o proxecto de tecnoloxía que ten asignado. Durante a fase de construción cada grupo deberá levar un diario de construción que lle permita cumplimentar a memoria do proxecto
De seguido, se mostra a documentación (memoria de construción inicial) que se lle subministra a cada grupo, nalgúns casos se trata da memoria definitiva e noutros só é unha memoria orientativa, pois os alumnos deben facer a súa propia versión do proxecto.
Motor Stirling en cartón: Este proxecto é o kit orixinal nº 802495 de Opitec. O grupo encargado de realizar este proxecto debe realizar unha memoria de construción a modo de diario, pero conta con tódalas pezas necesarias para a súa construción (a maioría delas en cartón troquelado). A memoria de construción pode descargarse no seguinte enlace: Motor Stirling cartón.pdf.
Motor Stirling en metal: Este proxecto se corresponde tamén co kit orixinal nº 112.778 de Opitec. Como no caso anterior, o grupo dispón de tódalas pezas necesarias, pero debe aprender a mecanizar metal (aceiro, aluminio, etc). A memoria de construción pode descargarse no seguinte enlace: Motor Stirling metal.pdf.
A Catapulta: Este proxecto se realizará seguindo as instrucións do kit nº 106.669 de Opitec, a memoria de proxecto pode descargarse no seguinte enlace: Catapulta.pdf.
Mesturador de cor: Este proxecto é unha adaptación do kit nº 805437 de Opitec, pero debe realizarse en madeira e usar un motor de DC para xirar os discos de cor. Unha versión orientativa da memoria poden descargala en formato ".doc" do seguinte enlace: Memoria mesturador de cor.doc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario