martes, 5 de abril de 2011

Posta en funcionamento do Motor Stirling de cartón

Nesta entrada imos a relatar a posta en funcionamento da maqueta en cartón do motor stirling (kit nº 802.495 de Opitec) por parte do grupo 1 de 3º ESO B formado por:  Iván Varela, Carlos Taboada e Daniel Barros.
A dificultade principal neste tipo de proxectos é pulir os pequenos defectos que dan lugar a rozamentos, perdas de compresión e outros fallos de funcionamento, que motivan que o motor non funcione.
O primeiro que fixemos foi asegurarnos a estanqueidade do cilindro principal (sellamos as xuntas con silicona).
De seguido, pasamos a comprobar a lonxitude das bielas, que aparecen indicadas na figura co número 1.

Tivemos que recortalas para reducir o recorrido da esponxa (pois tocaba coa tapa metálica inferior).
Tamén decidimos lubricar o émbolo que suxeita a esponxa para reducir a saída de aire nesta zona e mellorar o seu movemento (unha alternativa pode ser utilizar graxa).
Despois de diversas probas, logramos que se movera con dificultade, como se pode ver no seguinte vídeo que subimos no noso canal de YouTube.
En futuras melloras, tentaremos facer de novo o pistón de traballo pois notamos que a xunta de látex (cortada dunha luva), indicada co número 2 na figura,  non está ben centrada e se tensa lixeiramente dun lado.
Tamén pensamos que na súa condición actual, pode beneficiar ó movemento do motor incrementar o peso do volante de inercia e pensamos en aplicar uns clips en todo o contorno del para aumentar o seu peso uniformemente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario