domingo, 10 de maio de 2026

Uso do Calibre. 1º ESO.

Imos a coñecer unha ferramenta de medición moi utilizada no taller para obter medidas con precisións superiores ao milímetro, o Calibre ou Pé de Rei.


Esta ferramenta nos permite realizar medidas con unha precisión de décimas de milímetro, tanto de exteriores de pezas, como de interiores e incluso de profundidades (medidas moi habituais ao realizar vaciados e furados de obxectos).

Os contidos sobre o Calibre podes atopalos no seguinte pdf: O Calibre.

Introdución á Robótica. 2º ESO.

Listado de grupos Robótica (2º ESO A):

Para o contido de robótica contamos con varios tipos de robots no taller:

1) Os kits de robótica de Makeblock Mbot Ranger e mBot2 (con estes robots utilizaremos o entorno de programación mBlock).

Para traballar co robot mBot2, podes descargar as seguintes actividades:

Para traballar co robot mBot Ranger, podes descargar as seguintes actividades:
Para ampliar información sobre estes 2 kits, podes descargar os excelentes manuais de Susana Oubiña:

luns, 6 de abril de 2026

Introdución ao Deseño 3D con TinkerCAD. 2º ESO.


Durante a 3ª avaliación traballaremos o contido de introdución ao Deseño 3D coa ferramenta "en liña" TinkerCAD.

TinkerCAD é un sinxelo entorno de Deseño 3D que non necesita instalación no teu ordenador, pois se executa desde o navegador.
 Exemplo deseño con TinkerCAD

Para ter unha primeira visión das posibilidades do Deseño e Impresión 3D, podes visualizar a seguinte presentación en Prezi, realizada por César Riádigos:


Tamén podes descargar o seguinte pdf: Deseño e impresión 3D.pdf.

Para empezar a practicar, o primeiro paso a realizar será unirse á clase creada polo profesor na páxina de TinkerCAD. Para facelo necesitarás o código para unirte á clase e o alias (identificador) que utilizarás nela e que te proporcionará o profesor para que os apuntes.

No seguinte vídeo podes ver o proceso a realizar para ingresar na clase creada polo teu profesor na páxina de TinkerCAD (Como unirse á clase en TinkerCAD):

Unha vez te unas á clase en TinkerCAD, podes acceder á páxina do IES. Tarrega sobre diseño 3D, onde seguiremos varios dos seus videotitoriais.

Programación con Scratch. 1º ESO.

Durante a 3ª avaliación traballaremos os contidos de programación con Scratch.

Pero antes intentaremos entender como se almacena e representa a información nun ordenador, para o que realizaremos a práctica indicada no seguinte documento: Representación da información nun ordenador.pdf. Podes atopar información sobre os códigos ASCII na entrada de Wikipedia.

Para ampliar información sobre os ordenadores, podes premer nas ligazóns aos seguintes pdf's:

Tamén podes ver o seguinte vídeo de YouTube: Evolución Histórica de las Computadoras.

Agora que xa coñecemos algo máis a fondo como traballan os ordenadores, imos a comezar a programar en Scratch, para o que imos a utilizar a versión de Scratch 3.0 que está instalada nos ordenadores EDIXGAL, accede ao menú Aplicativos-Programación e selecciona o programa Scratux.

Ao entrar en Scratch, se premes na opción Titoriais da páxina de Scratch, poderás acceder a eles. Podes comezar co denominado Primeiros pasos e comprobar o sinxelo que é programar con Scratch.

No seguinte vídeo podes observar como seguir as instruccións do titorial Primeiros pasos (aínda que o vídeo está en Inglés, este pode subtitularse) (Como seguir as instrucións dun titorial en Scratch):

Agora que xa viches o sinxelo que é crear un programa con Scratch 3.0 seguindo as instrucións dun titorial, podemos continuar a aprender algo máis da programación con Scratch.

De seguido tes a ligazón a un pdf, con recomendacións sobre a programación en Scratch: Programación.pdf.

As prácticas consistirán na realización de programas baseados nos seguintes titoriais, que podes atopar na páxina de Scratch:
  1. Anima un nome.
  2. Anima personaxes.
  3. Crea unha historia.
  4. Crea un xogo de persecución.
Introduce as modificacións que desexes aos sinxelos exemplos indicados e proba a complicalos (podes engadir bloques de programa que non se explican no titorial e facer os programas tan longos como desexes), ademais para a realización dos teus programas se solicitará que mires algún outro titorial.

A continuación tes un exemplo de progama de Scratch, publicado e compartido (como incrustado nesta entrada do blogue):

venres, 6 de febreiro de 2026

Proxectos Taller 2ª Avaliación. TeD I. 1º ESO. Curso 2025-2026.

Os proxectos a realizar durante a 2ª avaliación consistirán na realización de estruturas. Cada grupo pode buscar o seu propio proxecto, pero se ofrecen 3 exemplos de estruturas (con planos detallados) para a súa construción:

Os grupos de taller para a 2ª avaliación quedan como segue:


xoves, 5 de febreiro de 2026

Proxectos Taller 2ª Avaliación. TeD II. 2º ESO. Curso 2025-2026.


Os proxectos a realizar durante a 2ª avaliación consistirán na realización de automatismos. Cada grupo pode buscar o seu propio proxecto, pero se ofrecen 3 exemplos de automatismos para a súa construción:

Os grupos de taller para a 2ª avaliación quedan como segue:



mércores, 4 de febreiro de 2026

Boletíns de repaso. 1º e 2º de ESO. Curso 2025-2026.


De seguido tedes as ligazóns aos boletíns de repaso que debedes realizar os que suspendestes os exames teóricos realizados na 1ª avaliación:

TeD I, 1º ESO:

TeD II, 2º ESO:

xoves, 22 de xaneiro de 2026

Introdución á Electricidade. 1º ESO.

Este tema abarca os coñecementos básicos de Electricidade necesarios para a realización dos proxectos de Taller durante a 2ª avaliación e tamén sirven como unha primeira toma de contacto cos coñecementos que necesitaredes en 4º ESO (Electricidade e Electrónica).

Realizaremos a simulación de diversos circuítos eléctricos sinxelos co programa gratuíto Crocodile Clips, que podedes descargar no voso ordenador premendo na anterior ligazón.

Nos seguintes documentos tedes toda a información que trataremos neste tema:
Na seguinte ligazón tedes un pdf con varios Exercicios extra con Cocodrile Clips.

Podedes ampliar os voso coñecementos sobre o apasionante mundo da Electricidade, premendo na seguinte ligazón sobre Historia da Electricidade en Wikipedia.

mércores, 14 de xaneiro de 2026

Profundización no deseño 2D con LibreCAD. 2º ESO.


Neste contido imos a profundizar no coñecemento e uso de LibreCAD, o cal nos permitirá, entre outras cousas, deseñar os planos de construción dos nosos proxectos de Taller.

Na seguinte ligazón podedes acceder aos contídos de debuxo que traballaremos neste contido: Debuxo Técnico.pdf. Neste contido se propoñen exercicios a realizar con LibreCAD (Vistas no Sistema Diédrico e Perspectivas no Sistema Isométrico).

Comezaremos facendo 2 exercicios con LibreCAD, Vistas e Perspectivas. De seguido podes descargar os arquivos para traballar en LibreCAD: 

Ademais faremos 2 exercicios en LibreCAD referidos a Escalas, que aparecen detallados no seguinte pdf: Exercicios Escalas.

Para a realización dos exercicios necesitarás descargar ademais os seguintes arquivos:

1º Exercicio (Escala de ampliación): Debuxo ampliado dunha peza de taller (E 2:1).

Debes realizar o exercicio no arquivo .dxf e gardalo co nome Peza ampliada_Nome.dxf.

Posteriormente terás que mandar o arquivo á aula virtual para a súa avaliación polo profesor.

2º Exercicio (Escala de redución): Debuxo reducido dun campo de fútbol sala (E 1:200).

Debes realizar o exercicio no arquivo .dxf e gardalo co nome Campo futbol sala_Nome.dxf.

Por último, de seguido tes un pdf que explica como podes realizar debuxos a escala en LibreCAD: Como realizar debuxos a escala en LibreCAD.pdf

Formas comerciais da madeira. 1º ESO.

Neste apartado, repasaremos as diversas formas comerciais nas que se presentan a madeira e os seus derivados no Taller de Tecnoloxía.

A madeira, nos seus diversos tipos de presentación, será o material fundamental que utilizaremos durante este curso para a construción dos nosos proxectos.

Preme na seguinte ligazón para acceder ao documento en formato pdf sobre este contido: "A madeira".

xoves, 6 de novembro de 2025

Estruturas. 1º ESO.


O segundo tema da materia de Tecnoloxía trata sobre as Estruturas.

Como un paso previo ao traballo en Taller, debemos coñecer os elementos que conforman as estruturas e os esforzos aos que se ven sometidos, ademais dos elementos que aumentan a súa resistencia.

Premede na seguinte ligazón para acceder ao documento en formato PDF que contén o tema: Estruturas.pdf.

Os exercicios que faremos ao final do tema están recollidos no seguinte pdf: Exercicios Estruturas.

Para completar a información sobre o tema, contamos coas seguintes ligazóns:

Vídeos sobre elementos simples dunha estrutura.

Exemplos de estruturas:

Superestruturas.

Estabilidade das estruturas. Centro de gravidade (centro de masas).

Esforzos aos que se ven sometidos as estruturas.

Nota: O 7 de Novembro de 1940, sobre as 11:00 da mañá, a ponte de Tacoma (Estado de Washington en EEUU) caeu debido ás vibracións inducidas por un vento lateral duns 65 Km/h. A ponte levaba unicamente uns poucos meses aberta ao tráfico, tiña unha lonxitude de 1600 metros e unha distancia entre piares (luz) de 850 m (era a 3ª máis grande do mundo na súa época).

sábado, 11 de outubro de 2025

Proxectos introdutorios 2º ESO. Curso 2025-2026.


Os proxectos de Tecnoloxía deste curso consistirán na realización de diversas máquinas móbiles, é por isto, que no proxecto introdutorio intentaremos acadar as habilidades necesarias para poder realizar estes proxectos.
Practicaremos o uso do aplicativo de deseño 2D LibreCAD e levaremos os deseños realizados en formato .dxf á cortadora Láser Mr. BeamII do taller. Se nalgún momento foxe necesario imprimir pezas en 3D, podedes solicitar a axuda ao profesor.

Necesitarás estes arquivos durante a realización do proxecto introdutorio:

Tamén pode consultar un pdf coa información básica sobre como deseñar engrenaxes: Como deseñaremos os nosos engrenaxes?

Ademáis, tal vez necesitedes deseñar unha caixa para conter as vosas máquinas móbiles ou para o sistema de engrenaxes. Podedes utilizar o aplicativo en liña Boxes.py, que permite deseñar múltiples modelos de caixas, estes deseños tamén os poderás exportar en formato .dxf.

Os grupos de taller serán os seguintes:


Debedes asignar os cargo de cada grupo, que serán:
Coordinador, Reponsable de Ferramentas e Responsable da Documentación.

No seguinte documento tedes unha explicación breve de como se organizará o traballo en taller:

Cada grupo debe completar a seguinte documentación durante a realización do seu proxecto:

venres, 10 de outubro de 2025

Proxectos introdutorios. 1º ESO. Curso 2025-2026.

 
O proxecto introdutorio a realizar durante a 1ª avaliación, será:

Dividiremos a clase en 2 grupos: A e B. Lista dos grupos de taller:

Debedes asignar os cargo de cada grupo, que serán:
Coordinador, Reponsable de Ferramentas e Responsable da Documentación.

No seguinte documento tedes unha explicación breve de como se organizará o traballo en taller:

Cada grupo debe completar a seguinte documentación durante a realización do seu proxecto:

xoves, 18 de setembro de 2025

Introdución ao Deseño 2D con LibreCAD. 2º ESO.

O LibreCAD é un programa de debuxo vectorial. A diferenza doutros programas como Paint ou Gimp, os debuxos non están compostos por puntos (bitmap), senón por elementos vectoriais.

Os debuxos vectoriais non perden resolución nin se pixelan ao ser ampliados, porque os parámetros introducidos na definición do elemento vectorial permiten redebuxalo despois de aplicar a transformación, polo que son ideais para o deseño de planos.

Durante a realización dos proxectos de Tecnoloxía comprobarías que unha axuda moi grande é contar con debuxos explicativos das pezas a construir e do proxecto a realizar nos planos de construción.

Unha ferramenta de deseño 2D que podes utilizar para realizar os teus propios deseños e debuxos para os teus planos é LibreCAD. Este é un aplicativo gratuíto e multiplataforma (hai versións para Linux, MacOS e Windows).

Ademais, como no taller contamos cunha gravadora-cortadora Láser (Mr Beam II) que pode gravar ou recortar os nosos deseños, en taboleiros de contrachapado de ata 4 mm de grosor, podremos deseñar as nosas pezas, debuxos ou texto no aplicativo LibreCAD e levalos despois á Mr Beam II.

De seguido tedes a ligazón a un vídeo titorial de introdución a LibreCAD, realizado por Rafael Quintero:

Tamén podes descargar os seguintes pdfs con indicacións básicas de uso e configuración de LibreCAD:

venres, 12 de setembro de 2025

Introdución á Tecnoloxía. 1º ESO.

Neste tema imos a introducirnos no mundo da Tecnoloxía:
  • Que é?
  • A súa evolución histórica
  • As partes do proceso tecnolóxico.
Podes ver unha presentación realizada en Genial.ly:

O resumo do tema está no seguinte arquivo pdf: Introdución á Tecnoloxía.pdf.
A imaxe mostra os obxectos en órbita baixa (ata 2000 Km) ao redor da Terra, dos que actualmente se está a realizar seguimento. Aproximadamente o 95% deles, son satélites fora de funcionamento. Fonte NASA.

Para unha maior información sobre o lixo espacial, de seguido tes a Ligazón ao vídeo Space Debris 1957 - 2016 | Watch this Space - Episode 5 e a aplicación Low earth orbit visualization tool que mostra a posición, en tempo real, nome e outros datos sobre case 20.000 obxectos que orbitan a Terra a unha distancia de entre 120 e 2.000 kilómetros (a órbita baixa terrestre).
Ademais, aquí tes unha ligazón sobre a illa de plástico no pacífico.
Resumo: Evolución histórica da tecnoloxía.

Fases do proceso tecnolóxico

Material extra:

Mecanismos. 2º ESO.


Este curso o contido teórico principal son os Mecanismos: Pancas e sistemas de transmisión e transformación do movemento.

O primeiro contido que veremos será o de Pancas, que tes resumido no pdf: As Pancas.

O seguinte contido é o de Poleas e Polipastos: Poleas e Polipastos.pdf.

De seguido, tes o contido de Sistemas de transmisión do movemento: Sistemas de transmisión.pdf.

Ferramentas. 1º ESO.

Se premes na seguinte ligazón podes descargar a lista das ferramentas máis utilizadas na aula-taller: "Ferramentas da aula-taller.pdf".

E no seguinte documento "Imaxes ferramentas.pdf" tes as imaxes correspondentes a cada unha delas.

Podes tamén consultar, cando teñas dúbidas sobre o uso correcto das ferramentas, estes 2 aarquivos recompilatorios:

Na seguinte imaxe tes un plano da aula-taller de Tecnoloxía, coa disposición dos diferentes espazos de traballo.

martes, 2 de setembro de 2025

Matriz ou Rúbrica de avaliación do Caderno. 1º e 2º ESO.

Na materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º e 2º de ESO, na que non temos libro de texto, é moi importante que contedes cuns bos apuntes nos vosos cadernos de clase. É por isto que se lle da tanta importancia ao caderno para calcular a nota final da materia.

Para avaliar os vosos cadernos se utilizarán 2 matrices ou rúbricas de avaliación, que podedes consultar de seguido (tenta familiarizarte con elas se queres mellorar as túas notas do caderno).

Recordade que é importante ter un caderno completo, ordenado e lexible, que permita preparar en condicións os exames teóricos da materia e ampliar coñecementos de cara aos proxectos tecnolóxicos que se irán realizando.

Na seguinte imaxe podedes ver a rúbrica de avaliación do caderno (valorando unicamente a Presentación e o Contido). Recordade que o caderno contribúe cun 20% á nota da materia na 1ª avaliación.


Ademais, o voso caderno debe recoller tódolos exercicios propostos, prestando especial atención á súa correcta realización. Nesta outra imaxe podedes ver a rúbrica de avaliación dos exercicios recollidos no caderno. Este apartado contribúe, facendo media con outros exercicios, nun 30% da nota da materia na 1ª avaliación.

Presentación da materia: Tecnoloxía e Dixitalización II. 2º ESO. Curso 2025-2026.


Nesta entrada podedes consultar os contidos principais da materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º de ESO para o curso 2025-2026, así como os criterios de cualificación.

A SECUENCIACIÓN da materia, será:

1ª Avaliación: Mecanismos.

  • U.D. 1: Mecanismos (Teoría e práctica).
  • U.D. 2: Proxectos introdutorios (Profundización).
  • U.D. 3: Introdución ao Deseño 2D con LibreCAD (Práctica).

2ª Avaliación: Proxectos (II).

  • U.D. 4: Profundización no Deseño 2D con LibreCAD (Teoría e Práctica).
  • U.D. 5:  Proxecto tecnolóxico.

3ª Avaliación: Deseño 3D e Robótica.

  • U.D. 6: Introdución ao deseño 3D con TinkerCad (Teoría e Práctica).
  • U.D. 7: Introdución á robótica (Teoría e práctica).

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

1ª Avaliación:
  • Un 20% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 30% da nota obterase dos controis e exames teóricos.
  • Un 40% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo (exames orais e avaliación dos exercicios no caderno e no taller).
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
2ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 50% da nota obterase do proxecto tecnolóxico.
  • Un 30% da nota obterase dos exercicios no taller e dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
3ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 50% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos realizados no contido de robótica.
  • Un 30% da nota obterase dos exercicios de Deseño 3D con TinkerCAD e dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.

Presentación da materia: Tecnoloxía e Dixitalización I. 1º ESO. Curso 2025-2026


Nesta entrada podedes consultar os contidos principais da materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de ESO para o curso 2025-2026, así como os criterios de cualificación.

Os traballos se realizarán de xeito individual e en grupos.

Criterios de cualificación:
1ª Avaliación:
  • Un 20% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
  • Un 40% da nota obterase dos controis e exames teóricos. Método de avaliación: Probas escritas.
  • Un 30% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais, realización dos proxectos introdutorios, exercicios do caderno, buscas en Internet.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller. Método de avaliación: Valoración da participación.
2ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
  • Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller. Método de avaliación: Rúbricas sobre o Proxecto e a Memoria técnica.
  • Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais e exercicios do caderno.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller. Método de avaliación: Valoración da participación.
    3ª Avaliación:
    • Un 10% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
    • Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos sobre os contidos de programación con Scratch. Método de avaliación: Valoración dos traballos realizados e Rúbricas.
    • Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais, probas escritas e exercicios do caderno.
    • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase. Método de avaliación: Valoración da participación.