Os proxectos de Tecnoloxía deste curso consistirán na realización de diversas máquinas móbiles, é por isto, que no proxecto introdutorio intentaremos acadar as habilidades necesarias para poder realizar estes proxectos.
Practicaremos o uso do aplicativo de deseño 2D LibreCAD e levaremos os deseños realizados en formato .dxf á cortadora Láser Mr. BeamII do taller. Se nalgún momento foxe necesario imprimir pezas en 3D, podedes solicitar a axuda ao profesor.
Necesitarás estes arquivos durante a realización do proxecto introdutorio:
Tamén pode consultar un pdf coa información básica sobre como deseñar engrenaxes: Como deseñaremos os nosos engrenaxes?
Ademáis, tal vez necesitedes deseñar unha caixa para conter as vosas máquinas móbiles ou para o sistema de engrenaxes. Podedes utilizar o aplicativo en liña Boxes.py, que permite deseñar múltiples modelos de caixas, estes deseños tamén os poderás exportar en formato .dxf.
Os grupos de taller serán os seguintes:
Coordinador, Reponsable de Ferramentas e Responsable da Documentación.
No seguinte documento tedes unha explicación breve de como se organizará o traballo en taller:
Cada grupo debe completar a seguinte documentación durante a realización do seu proxecto:
- Diario de Taller.pdf (versión imprimible, para utilizar no taller).
- Diario de Taller.xlsx (arquivo de folla de cálculo de Drive, para utilizar no miniportátil).



Ningún comentario:
Publicar un comentario