Durante a 3ª avaliación traballaremos os contidos de Informática. O primeiro, será unha introdución ao Deseño 3D coa ferramenta "en liña" TinkerCAD.
TinkerCAD é un sinxelo entorno de Deseño 3D que non necesita instalación no teu ordenador, pois se executa desde o navegador.
Para ter unha primeira visión das posibilidades do Deseño e Impresión 3D, podes visualizar a seguinte presentación en Prezi, realizada por César Riádigos:
O primeiro paso a realizar, será unirse á clase creada polo profesor na páxina de TinkerCAD. Para facelo necesitarás o código para unirse á clase e o alias (identificador) que utilizarás nela.
No seguinte vídeo podes ver o proceso a realizar para ingresar na clase creada polo teu profesor na páxina de TinkerCAD (Como unirse á clase en TinkerCAD):
Unha vez te incorpores á clase en TinkerCAD, poderás crear o teu primeiro deseño 3D de proba. Para facelo, podes seguir as indicacións dadas nos seguintes vídeos da canle de Iván López:
- Tutorial Tinkercad-1ª Parte: Nociones Básicas.
- Tutorial Tinkercad-2ª Parte: Herramientas: el Plano de trabajo y la Regla.
Exemplo deseño con TinkerCAD
Ningún comentario:
Publicar un comentario