mércores, 25 de setembro de 2024

Introdución ao Deseño 2D con LibreCAD. 2º ESO. Curso 2024-2025.

O LibreCAD é un programa de debuxo vectorial. A diferenza doutros programas como Paint ou Gimp, os debuxos non están compostos por puntos (bitmap), senón por elementos vectoriais.

Os debuxos vectoriais non perden resolución nin se pixelan ao ser ampliados, porque os parámetros introducidos na definición do elemento vectorial permiten redebuxalo despois de aplicar a transformación, polo que son ideais para o deseño de planos.

Durante a realización dos proxectos de Tecnoloxía comprobarías que unha axuda moi grande é contar con debuxos explicativos das pezas a construir e do proxecto a realizar nos planos de construción.

Unha ferramenta de deseño 2D que podes utilizar para realizar os teus propios deseños e debuxos para os teus planos é LibreCAD. Este é un aplicativo gratuíto e multiplataforma (hai versións para Linux, MacOS e Windows).

Ademais, como no taller contamos cunha gravadora-cortadora Láser (Mr Beam II) que pode gravar ou recortar, en taboleiros de contrachapado, os nosos deseños, podremos deseñar as nosas pezas, debuxos ou texto no aplicativo LibreCAD e levalos despois á Mr Beam II.

De seguido tedes a ligazón a un vídeo titorial de introdución a LibreCAD, realizado por Rafael Quintero:

Tamén podes descargar os seguintes pdfs con indicacións básicas de uso e configuración de LibreCAD:
Arquivos LibreCAD necesarios para realizar os exercicios do tema:
De seguido, tedes a ligazón ás instrucións para realizar cada un dos exercicios:

Ningún comentario:

Publicar un comentario