luns, 29 de agosto de 2022

Matriz ou Rúbrica de avaliación do Caderno. Curso 22-23.

Nas materias de Tecnoloxía e Dixitalización e Tecnoloxía, nas que non temos libro de texto, é moi importante que contes cuns bos apuntes no teu caderno de clase. É por isto que se lle da tanta importancia ao caderno para calcular a nota final da materia.

Para avaliar o teu caderno se utilizarán 2 matrices ou rúbricas de avaliación, que podes consultar de seguido (tenta familiarizarte con elas se queres mellorar as túas notas do caderno).

Por un lado é importante ter un caderno completo, ordenado e lexible, que permita preparar en condicións o exame teórico da materia e ampliar coñecementos de cara aos proxectos tecnolóxicos que irás realizando. Na seguinte imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación do caderno (valorando unicamente a Presentación e o Contido). Contribúe cun 20% á nota da materia na 1ª avaliación.

Por outro, debe recoller tódolos exercicios propostos, prestando especial atención á súa correcta realización. Nesta outra imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación dos exercicios recollidos no caderno. Contribúe facendo media con outros exercicios nun 30% da nota da materia na 1ª avaliación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario