xoves, 17 de outubro de 2024

Proxectos introdutorios. 1º ESO. Curso 2024-2025.

 
O proxecto introdutorio a realizar durante a 1ª avaliación, será:

Dividiremos a clase en dos grupos: A e B. Lista dos grupos de taller:



Cada grupo debe completar a seguinte documentación durante a realización do seu proxecto:

mércores, 16 de outubro de 2024

Tema: Estruturas. 1º ESO. Curso 2024-2025.


O segundo tema da materia de Tecnoloxía trata sobre as Estruturas.

Como un paso previo ao traballo en Taller, debemos coñecer os elementos que conforman as estruturas e os esforzos aos que se ven sometidos, ademais dos elementos que aumentan a súa resistencia.

Premede na seguinte ligazón para acceder ao documento en formato PDF que contén o tema: Estruturas.pdf.

Os exercicios que faremos ao final do tema están recollidos no seguinte pdf: Exercicios Estruturas.

Para completar a información sobre o tema, contamos coas seguintes ligazóns:

Vídeos sobre elementos simples dunha estrutura.

Exemplos de estruturas:

Superestruturas.

Estabilidade das estruturas. Centro de gravidade (centro de masas).

Esforzos aos que se ven sometidos as estruturas.

Nota: O 7 de Novembro de 1940, sobre as 11:00 da mañá, a ponte de Tacoma (Estado de Washington en EEUU) caeu debido ás vibracións inducidas por un vento lateral duns 65 Km/h. A ponte levaba unicamente uns poucos meses aberta ao tráfico, tiña unha lonxitude de 1600 metros e unha distancia entre piares (luz) de 850 m (era a 3ª máis grande do mundo na súa época).

mércores, 25 de setembro de 2024

Introdución ao Deseño 2D con LibreCAD. 2º ESO. Curso 2024-2025.

O LibreCAD é un programa de debuxo vectorial. A diferenza doutros programas como Paint ou Gimp, os debuxos non están compostos por puntos (bitmap), senón por elementos vectoriais.

Os debuxos vectoriais non perden resolución nin se pixelan ao ser ampliados, porque os parámetros introducidos na definición do elemento vectorial permiten redebuxalo despois de aplicar a transformación, polo que son ideais para o deseño de planos.

Durante a realización dos proxectos de Tecnoloxía comprobarías que unha axuda moi grande é contar con debuxos explicativos das pezas a construir e do proxecto a realizar nos planos de construción.

Unha ferramenta de deseño 2D que podes utilizar para realizar os teus propios deseños e debuxos para os teus planos é LibreCAD. Este é un aplicativo gratuíto e multiplataforma (hai versións para Linux, MacOS e Windows).

Ademais, como no taller contamos cunha gravadora-cortadora Láser (Mr Beam II) que pode gravar ou recortar, en taboleiros de contrachapado, os nosos deseños, podremos deseñar as nosas pezas, debuxos ou texto no aplicativo LibreCAD e levalos despois á Mr Beam II.

De seguido tedes a ligazón a un vídeo titorial de introdución a LibreCAD, realizado por Rafael Quintero:

Tamén podes descargar os seguintes pdfs con indicacións básicas de uso e configuración de LibreCAD:

martes, 24 de setembro de 2024

Proxectos introdutorios 2º ESO. Curso 2024-2025.

Os proxectos de Tecnoloxía deste curso consistirán na realización de diversas máquinas móbiles, é por isto, que no proxecto introdutorio intentaremos acadar as habilidades necesarias para poder realizar estes proxectos.
Tomaremos como exemplo de máquina móbil o deseño de Rob Ives Fluttering bat (Radar voante):
Adaptaremos este proxecto, na medida do posible, para a súa realización en madeira. Polo tanto, necesitaremos coñecer o aplicativo de deseño 2D LibreCAD, que nos permitirá crear e modificar arquivos .dxf que utilliza a cortadora láser MrBeamII do taller.

Tamén podes necesitar saber deseñar engrenaxes para os proxectos da 2ª avaliación, para o que utilizaremos o aplicativo en liña Free Gear Generator, descargaremos os deseños dos engrenaxes en formato .dxf e os poderemos modificar con LibreCAD.

De seguido, tes un pdf coa información básica sobre este aplicativo: Como deseñaremos os nosos engrenaxes?

Ademáis, tal vez necesitedes deseñar unha caixa para as máquinas móbiles ou para o sistema de engrenaxes. Podemos utilizar entón o aplicativo en liña Boxes.py, que permite deseñar múltiples modelos de caixas, estes deseños tamén os poderás exportar en formato .dxf.


Durante esta 1ª avaliación se farán 2 versións do autómatismo Radar voante de Rob Ives. Os grupos 1, 2 e 5 farán unha e os grupos 3, 4 e 6 farán a segunda versión.
Dividiremos o automatismos en 3 partes a realizar (a elixir por cada grupo): Caixa (base) e biela principal, Cigüeñal e levas, Biela para as ás e morcego.

martes, 17 de setembro de 2024

Mecanismos. 2º ESO. Curso 2024-2025


Este curso o contido teórico principal son os Mecanismos: Pancas e sistemas de transmisión e transformación do movemento.

O primeiro contido que veremos será o de Pancas, que tes resumido no pdf: As Pancas.

O seguinte contido é o de Poleas e Polipastos: Poleas e Polipastos.pdf.

De seguido, tes o contido de Sistemas de transmisión do movemento: Sistemas de transmisión.pdf.

xoves, 12 de setembro de 2024

Ferramentas. 2º ESO. Curso 2023-2024


Comezaremos repasando as ferramentas do taller e que xa coñecedes desde o pasado curso. O profesor entregará uns boletíns de repaso que debedes responder e tamén teredes que elixir 1 das ferramentas dos 2 boletíns que se indican de seguido, e copiar os datos da ficha no voso caderno.

Durante este curso realizaremos diversas máquinas móbiles, tal vez para algunha delas necesitemos deseñar os nosos engrenaxes, de seguido tes información útil de como o faremos:

Presentación da materia: Tecnoloxía e Dixitalización 2º ESO. Curso 2024-2025.


Nesta entrada podes consultar os contidos principais da materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º de ESO para o curso 2024-2025, así como os criterios de cualificación.

A SECUENCIACIÓN da materia, será:

1ª Avaliación: Mecanismos.

  • Tema 1: Mecanismos.
  • Tema 2: Proxectos introdutorios (Profundización).
  • Tema 3: Deseño 2D con LibreCAD

2ª Avaliación: Proxectos (II).

  • Tema 4:  Proxecto tecnolóxico.

3ª Avaliación: Deseño 3D e Robótica.

  • Tema 5: Introdución ao deseño 3D con TinkerCad (Práctica).
  • Tema 6: Introdución á robótica (Teoría e práctica).

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

1ª Avaliación:
  • Un 20% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 40% da nota obterase dos controis e exames teóricos.
  • Un 30% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo (exames orais e avaliación dos exercicios no caderno e no taller).
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
2ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 50% da nota obterase do proxecto tecnolóxico.
  • Un 30% da nota obterase dos exercicios no taller e dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
3ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos realizados no contido de robótica.
  • Un 20% da nota obterase dos exercicios de Deseño 3D con TinkerCAD e dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.

Ferramentas. 1º ESO. Curso 2024-2025.

Se premes na seguinte ligazón podes descargar a lista das ferramentas máis utilizadas na aula-taller: "Ferramentas da aula-taller.pdf".

E no seguinte documento "Imaxes ferramentas.pdf" tes as imaxes correspondentes a cada unha delas.

Podes tamén consultar, cando teñas dúbidas sobre o uso correcto das ferramentas, estes 2 aarquivos recompilatorios:

Na seguinte imaxe tes un plano da aula-taller de Tecnoloxía, coa disposición dos diferentes espazos de traballo.

mércores, 11 de setembro de 2024

Introdución á Tecnoloxía. 1º ESO. Curso 2024-2025.

Neste tema imos a introducirnos no mundo da Tecnoloxía:
  • Que é?
  • A súa evolución histórica
  • As partes do proceso tecnolóxico.
Podes ver unha presentación realizada en Genial.ly:

O resumo do tema está no seguinte arquivo pdf: Introdución á Tecnoloxía.pdf.
A imaxe mostra os obxectos en órbita baixa (ata 2000 Km) ao redor da Terra, dos que actualmente se está a realizar seguimento. Aproximadamente o 95% deles, son satélites fora de funcionamento. Fonte NASA.

Para unha maior información sobre o lixo espacial, de seguido tes a Ligazón ao vídeo Space Debris 1957 - 2016 | Watch this Space - Episode 5 e a aplicación Low earth orbit visualization tool que mostra a posición, en tempo real, nome e outros datos sobre case 20.000 obxectos que orbitan a Terra a unha distancia de entre 120 e 2.000 kilómetros (a órbita baixa terrestre).
Ademais, aquí tes unha ligazón sobre a illa de plástico no pacífico.
Resumo: Evolución histórica da tecnoloxía.

Fases do proceso tecnolóxico

Material extra:

domingo, 8 de setembro de 2024

Matriz ou Rúbrica de avaliación do Caderno.

Nas materias de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º e 2º de ESO, nas que non temos libro de texto, é moi importante que contes cuns bos apuntes no teu caderno de clase. É por isto que se lle da tanta importancia ao caderno para calcular a nota final da materia.

Para avaliar o teu caderno se utilizarán 2 matrices ou rúbricas de avaliación, que podes consultar de seguido (tenta familiarizarte con elas se queres mellorar as túas notas do caderno).

Por un lado é importante ter un caderno completo, ordenado e lexible, que permita preparar en condicións os exames teóricos da materia e ampliar coñecementos de cara aos proxectos tecnolóxicos que irás realizando. Na seguinte imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación do caderno (valorando unicamente a Presentación e o Contido). Contribúe cun 20% á nota da materia na 1ª avaliación.


Por outro, debe recoller tódolos exercicios propostos, prestando especial atención á súa correcta realización. Nesta outra imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación dos exercicios recollidos no caderno. Contribúe facendo media con outros exercicios nun 30% da nota da materia na 1ª avaliación.