xoves, 7 de setembro de 2023

Benvida ao novo Curso 2023-2024


Benvidos ao novo curso no blogue de aula da materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º e 2º de ESO no IES. Chano Piñeiro.

Neste blogue podedes acceder aos diversos contidos teóricos e prácticos que traballaremos durante o curso. Ademais podedes ver as entradas de cursos anteriores, nas que se recollen, por exemplo, os proxectos realizados na aula-taller de Tecnoloxía.

Estes e outros contidos estarán tamén accesibles nos respectivos cursos da aula virtual na que ademais teredes que entregar os exercicios propostos polo profesor.

Nas materias de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º e 2º de ESO utilizamos os coñecementos de diversas Ciencias e Tecnoloxías para a realización de proxectos tecnolóxicos. En cada curso, comezamos cuns contidos teóricos fundamentais que aplicaremos na realización de proxectos tecnolóxicos na aula-taller e que completaremos con contidos de Tecnoloxía Informática durante a 3º avaliación.

De novo un saúdo a todos e benvidos ao novo Curso.

O profesor: Manuel Andújar Matalobos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario