mércores, 29 de marzo de 2017

Robot Bot'n'Roll One A (modificacións para a competición Segueliñas)

Detalle do sensor seguidor de liña (de cor vermella)

Para poder utilizar o robot na competición Segueliñas, se realizou a seguinte mellora:
  • Instalación dun seguidor de liña (Pololu© QTR-8A), que conta con 8 sensores de infravermellos.

Vista lateral do robot
De seguido tedes un vídeo resumo da I competición de robots, realizado pola alumna de TIC de 4º ESO Uxía Torres:

Lego Ev3 (modificacións para a competición Segueliñas)

 Vista dos 2 sensores de IR
Durante as probas previas á competición Segueliñas, realizadas co robot Lego Ev3, resolvéronse os seguintes problemas:
  • Cun único sensor de IR creemos que pode estar en desventaxa con outros robots na competición Segueliñas. (Nota: O sensor de IR do Lego Ev3 é mellor que o dos outros robots que temos no taller, pois detecta o porcentaxe de luz reflectida pola superficie, sendo realmente un sensor analóxico, fronte aos dos outros robots que só detectan presencia ou ausencia de luz reflectida (son dixitais)).
  • Ao ser o sensor de IR analóxico, este é sensible á cantidade de luz ambiental e as engurras do pano do circuíto.
Melloras realizadas:
  • Instalamos 2 sensores de IR.
Vista lateral do robot Lego Ev3

Mbot Ranger (modificacións para a competición Segueliñas)

Mbot Ranger como robot "tanque" con 2 sensores de IR
Durante a 2ª avaliación se realizaron as melloras no robot necesarias para a competición de Segueliñas.
De seguido, se resumen os problemas atopados co robot mbot ranger:
  • Os motores non teñen moita potencia (e non teñen unha resposta lineal ao solicitar un incremento de velocidade no programa).
  • O robot "corredor" (con rodas) esvara na pista (un protector para mesas).
  • As rodas dianteiras do robot tanque se afloxan continuamente ou impiden o movemento da goma que fai de cadea do tanque.
  • A potencia dos motores está moi influída polo nivel de potencia das pilas.
  • O consumo das pilas é tan grande que obriga a cambiala case cada 2 semanas.
  • 1 sensor de IR non parece suficiente para seguir a liña coa rapidez necesaria nunha competición.

Vista da batería recargable (de cor azul)
As melloras que tivemos que introducir nos Mbot Ranger foron as seguintes:
  • Montamos o mbot ranger como robot "tanque", algo máis tosco e lento nos movementos de xiro, pero que non esvara.
  • Para evitar que as tuercas, das rodas-guía, afroxen, colocamos 2 tuercas xuntas, pero as dimensións do parafuso obriga a limalas un pouco para que non se caian.
  • Aínda que as rodas-guía da correa do tanque se moven correctamente, as correas non fan a mesma tensión e o tanque tende a xirar, polo que hai que estirar un pouco a goma máis tensa.
  • Para evitar o consumo excesivo de pilas, compráronse baterías recargables de 4000 mA – 12 V para cada robot.
  • Puxemos 2 sensores de IR a cada robot (quedando só 3 robots para as competicións).
De seguido podedes ver un vídeo (realizado polo alumno de TIC de 4º de ESO Iván de la Fuente) cun resumo da participación do robot Mbot Ranger na competición.

venres, 24 de marzo de 2017

Resultados da I Competición de robots do IES. Chano PIñeiro (3º ESO)

A continuación se mostran os resultados da I Competición de robots do IES. Chano Piñeiro, nas modalidades Segueliñas e Baile.

Na modalidade Segueliñas o equipo gañador sería o que menor tempo obtivera en 3 recorridos ao circuíto (en caso de non rematar unha das voltas, a penalización sería de 1000 segundos). Só no caso de empate a mellores tempos, o gañador se decidiría pola suma dos 3 tempos obtidos (este caso non aconteceu).

O ranking da proba Segueliñas quedou como segue:
Na modalidade de Baile, só houbo un grupo participante (cun robot Sphero SPRK):
De seguido se mostra un vídeo resumo, realizado por Aida Miranda (alumna de TIC de 4º de ESO) sobre a participación do robot Sphero na competición:

venres, 17 de marzo de 2017

I Competición de robots do IES. Chano Piñeiro (3º ESO)

Deseño do Cartel: Sebastián Álvarez Fontán
O vindeiro venres 24 de marzo (entre as 10:40 e as 12:20), terá lugar a 1ª Competición de Robots do IES. Chano Piñeiro.

Nesta 1ª edición a participación está limitada aos alumnos de 3º de ESO (durante a 2ª avaliación os alumnos de 3º, estiveron programando o robot elixido por eles, entre os 11 do taller de 5 modelos diferentes, na modalidade Segueliñas ou Baile).

A competición terá 2 modalidades:
  • Segueliñas. Cada robot debe realizar 3 voltas ao circuíto, gañará o robot que realice a volta no menor tempo. En caso de empate, o gañador se decidirá pola suma dos 3 tempos obtidos. Se un robot no completa unha volta, será penalizado con 1000 segundos. O circuíto ten unha lonxitude de 20,35 metros.
  • Baile. O robot debe programarse para realizar a coreografía dunha canción elixida polo grupo. O robot non pode saír do tapete de dimensións: 143 cm x 289 cm (é o mesmo que se usa na competición Segueliñas). 3 xuíces valorarán a sincronización do movemento co ritmo da música, o nº e calidade das figuras realizadas e a beleza artística da coreografía no seu conxunto.

Os resultados das competicións se mostrarán nunha futura entrada deste blogue.

Esperamos continuar esta iniciativa en vindeiros cursos, abrindo as opcións de apuntarse á competición non só aos alumnos de 3º, senón tamén a outros alumnos que tiveran participado en cursos anteriores.

martes, 13 de decembro de 2016

Grupos de Taller 2ª avaliación (2º ESO). Curso 2016-2017.

Estamos a rematar a 1ª avaliación e comezaremos co traballo previo para a realización dos proxectos de Tecnoloxía.
Cada grupo debe realizar as 3 primeiras fases do proxecto tecnolóxico antes de comezar coa súa construción:
  1. Identificar o problema.
  2. Explorar as diversas ideas.
  3. Planificar ou desenrolar a idea elixida.
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os seguintes documentos: Diario do proxecto.pdf e Diario de Taller.pdf, que lle permitirán redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato pdf ou odt).

De seguido se mostra a lista dos novos grupos de taller, co proxecto seleccionado:
Planos de construción:

venres, 7 de outubro de 2016

Grupos de Taller. 3º ESO A e B. Curso 2016-2017.

Durante este curso, os proxectos de taller estarán relacionados coa Robótica, no Taller de tecnoloxía dispoñemos de 11 robots: 2 Lego Ev3, 1 Bot'nRoll One A, 1 Sphero SPRK Edition 1 BQ PrintBot Evolution e 6 Mbot Ranger.

Entre o traballo a realizar cos robots están: A súa montaxe, a instalación das Apps de control mediante DD.MM., a realización dos circuítos de proba (segueliñas, evitaobstáculos, etc) e a programación dos robots para as diversas probas.

As listas dos grupos de taller de 3º ESO A e B para o curso 2016-2017 quedan como segue:


(Nota: Debido á implantación da LOMCE, só os alumnos que elixiran a opción de "Aplicadas", poderían matricularse en Tecnoloxía de 4º de ESO. Isto impediría o acceso aos contidos de robótica, que se viñan impartindo en 4º de ESO a gran parte do alumnado de Tecnoloxía, é por isto, polo que estes contidos se tratan como proxectos de taller en 3º de ESO).

mércores, 5 de outubro de 2016

Grupos 2º ESO. Traballos iniciais no Taller. Curso 2016-2017.


Durante este curso imos a realizar a introdución ao traballo en Taller e ao coñecemento das ferramentas dun xeito práctico.

Os 8 grupos que se mostran arriba, traballarán alternativamente en 2 proxectos.
Cada día 4 grupos prepararán as memorias e planificarán o traballo nas mesas de estudo, mentras os outros 4 construirán o proxecto asignado ao seu grupo nas mesas de construción.
Para que o proceso sexa máis sinxelo, se asignou o mesmo proxecto aos 4 grupos de cada quenda.

Podes descargar os planos de construción (obtidos da páxina de Opitec) en formato pdf:

Na seguinte imaxe tedes un plano do taller de Tecnoloxía, coa disposición dos diferentes espazos de traballo.

mércores, 30 de marzo de 2016

Proxectos realizados 3º ESO A. Curso 2015-2016.

Estes foron os proxectos realizados durante a 2ª avaliación no Taller de Tecnoloxía.

Grupo 1. Motor Stirling. Diego Campos, David Cao e Xavier García.


Grupo 2. Aeroxerador Sabonius. Cristina Ogando, Antía Vea e Olivia Vilariño.


Grupo 3. Muíño de vento. Sebastián Álvarez, Eider Espiña, Leticia Míguez e Paulo Varela.

Grupo 4. Motor eléctrico (maqueta de Opitec). José Álvarez, Jonathan Canabal e Iván Pereira.


Grupo 5. Base robot con Arduino. Iván de la fuente e Marc Villaverde.


Grupo 6. Motor con contactor reed. Rebeca Adán e Aida Miranda.


Grupo 7. Motor eléctrico. Uxía Torres, Seraina Barros e Ainara Casado.


Grupo 8. Máquina Da Vinci (movemento alternativo). Santiago Martínez, José Manuel Barreiro e David Obelleiro.

Proxectos realizados 2º ESO B. Curso 2015-2016.

Estes foron os proxectos realizados durante a 2ª avaliación no Taller de Tecnoloxía (os proxectos das pontes levadizas poderán ser continuados durante o vindeiro curso para incluír a parte eléctrica)

Grupo 1. Catapulta romana. Jairo Dias, David Gil e Froilán González.

Grupo 2. Ponte levadiza. Alfonso Alonso, Paula Jorge e María Rivas.

Grupo3. Grúa romana. Ana Casado, Zaida García e Katya Míguez.

Grupo 4. Catapulta romana. Sergio Barbeitos, Juan Cao e Valentín Rajoy.

Grupo 5. Ponte levadiza. Alejandro García e Borja Torres.