venres, 15 de marzo de 2013

Proxectos realizados 3º ESO B. Curso 2012-2013.

Grupo 1: Ascensor.
Imaxe inferior: Esquema eléctrico de control do ascensor cun interruptor e 2 finais de carreira.

Grupo 2: Motor eléctrico.
Memoria do proxecto en formato .pdf:  Memoria proxecto tecnoloxía Natalia e Andrea.pdf

Grupo 3: Máquina de Leonardo.
Grupo 4: Avión nespra.



Proxectos realizados 3º ESO A. Curso 2012-2013.

Grupo 1: Motor con contactor "reed".
Memoria do proxecto en formato pdf: "Memoria proxecto Martín, Gabriel e Dani.pdf".

Grupo 2: Coche "Herbie".



Memoria do proxecto en formato pdf: "Memoria Proxecto Gabriel, Yessica e Cristina.pdf".
Grupo 3: Máquina de Leonardo.
Grupo 4: Ascensor.
Grupo 5: Motor eléctrico.
Memoria do proxecto en formato pdf: "Memoria Proxecto Cristina, Andrea e Roberto.pdf".

luns, 11 de marzo de 2013

Entrega das memorias e proxectos. Curso 2012-2013.

Chega ao seu fin a 2ª avaliación, que dedicamos á realización dos proxectos de Tecnoloxía relacionados coa materia impartida durante a 1ª avaliación (sistemas mecánicos e electricidade), polo que durante a semana do luns 11 de marzo ata o venres 15 de marzo deben entregarse os proxectos e as memorias de construción.
Nunha entrada anterior, tedes os modelos de memoria de proxecto en branco (en .pdf e en .odt) que podedes descargar.
Para axudar na elaboración da memoria, ademais de consultar co profesor podedes ver unha memoria de proxecto dun curso anterior: Barca Palangreira.pdf.

luns, 14 de xaneiro de 2013

Construción dunha lixadora manual para o Taller

Unha ferramenta importante para o traballo da madeira no Taller de Tecnoloxía é a lixadora.
Normalmente se traballa cun anaco de papel de lixa ou, cando a operación a realizar é máis difícil, utilizamos unha lixadora orbital. Pero hai unha alternativa intermedia que podemos construír dedicándolle unicamente 1 ou 2 horas de traballo, a lixadora manual.
Como modelo utilizamos a fotografía da lixadora manual que aparece no catálogo de Opitec.
Se queredes construír a lixadora manual, podedes premer na seguinte ligazón á memoria de construción da lixadora manual en PDF.

luns, 17 de decembro de 2012

Asignación dos proxectos de 3º ESO Curso 2011-2012

Como remate desta 1ª avaliación, determináronse os proxectos de Tecnoloxía a realizar durante a 2ª avaliación deste curso 2012-2013.
A lista de grupos e proxectos quedou como segue:

Curso: 3º ESO B
Grupos de Taller Título do proxecto
Cerviño Miranda, Roberto Ascensor
Varela Fernández, Ivo
Mijares Troitiño, Andrea Motor Eléctrico
Vaquero Varela, Natalia
Otero Bello, Almudena Máquina III "Osciladora" Leonardo Da Vinci
Pazos Bugallo, Gabriel
Garrido García, Alejandro Avión Nespra
Pérez Matanzas, David
Rubia Garrido, Jonathan



Curso: 3º ESO A
Grupos de Taller Título do proxecto
Arosa Sineiro, Martín Motor con contactor “reed”
Sieiro Varela, Gabriel
Varela Darriba, Daniel
Cortizo SanMartín, Jessica Coche (deseño obtido de internet)
Núñez Sanmartín, Cristina
Otero López, Gabriel
Cortizo Souto, Iván Máquina III "Osciladora" Leonardo Da Vinci
González Bouzas, Lucía
López Varela, Tania
Fraguas Corbal, Ernesto Ascensor
Piñeiro Mariño, Sergio
García Cortizo, Cristina Motor Eléctrico
Pérez Canabal, Roberto
Raindo Míguez, Andrea


Durante a 2ª avaliación, ademais da realización do proxecto técnico, debedes completar unha memoria de construción que recolla os pasos seguidos, o material e ferramentas utilizadas, planos, etc.

Para axudar na realización da memoria de construción, temos á nosa disposición 3 documentos:
  • Memoria do proxecto en branco.pdf: Para que vaiades enchendo a bolígrafo as diversas partes de que se compón a memoria do proxecto.
  • Memoria do proxecto en branco.odt: É o mesmo documento pero en formato do Write de LibreOffice. Este documento en formato dixital teredes que entregalo ó remate da 2ª avaliación xunto co Proxecto realizado,  aproveitando os datos cumprimentados durante a elaboración do Proxecto.
  • Diario de taller.pdf: Este documento serviravos de axuda para ir apuntando a data, o tipo de operación, os responsables de realizala e o tempo aproximado que vos levou. Estes datos servirán de base para a elaboración da memoria do Proxecto.

venres, 23 de marzo de 2012

Proxectos realizados 2º ESO B. Curso 2011-2012.

De seguido se mostran as fotos dos proxectos realizados durante a 2ª avaliación en 2º ESO B:

Grupo 1: Ponte levadiza. Alexandre García e Tamara López.

Grupo 2: Barca palangreira. Lucía González, Alejandro Garrido e Tania López.

Grupo 3: Bote Polbeiro. David Macía, Andrea Mijares e Almudena Otero.

Grupo 4: Catapulta. Lino Peleteiro, Xacobe Peleteiro e David Pérez.

Grupo 5: Ponte levadiza. Javier Rodríguez, Jonathan Rubia e Daniel Varela.

Proxectos realizados 2º ESO A. Curso 2011-2012.

De seguido se mostran as fotos dos proxectos realizados durante a 2ª avaliación en 2º ESO A:

Grupo 1: Triciclo chino. Martín Arosa, Rocío Correa, Santiago Cortizo, Jessica Cortizo e Iván Ferro.

Grupo 2: Ponte levadiza. Ana Ferreira, Ernesto Fraguas, Cristina García e Noelia López.

Grupo 3: Triciclo chino. Cristina Núñez, Roberto Pérez, Andrea Raindo e Daniel Rodríguez.

Grupo 4: Bote Polbeiro. Gabriel Sieiro, Ángel Teijeiro, Pilar Trigo e Cristian Vial.

luns, 19 de decembro de 2011

Realización dos proxectos de 2º ESO A e 2º ESO B. Curso 2011-2012

Rematada xa a 1ª avaliación, comezaremos co traballo principal da 2ª avaliación: Os proxectos de Tecnoloxía.
Para axudar no que será a 3ª fase do proceso tecnolóxico (Construción do proxecto), temos á nosa disposición 3 documentos:
  • Memoria do proxecto en branco.pdf: Para que vaiades enchendo a bolígrafo as diversas partes de que se compón a memoria do proxecto.
  • Memoria do proxecto en branco.odt: É o mesmo documento pero en formato do Write de OpenOffice. Este documento en formato dixital teredes que entregalo na 3ª avaliación aproveitando os datos cumprimentados durante a elaboración do proxecto.
  • Diario de taller.pdf: Este documento serviravos de axuda para ir apuntando a data, o tipo de operación, os responsables de realizala e o tempo aproximado que vos levou. Estes apuntes vos axudarán moito na elaboración posterior da memoria do proxecto.

martes, 8 de novembro de 2011

Asignación dos proxectos de 2º ESO Curso 2011-2012

Dos proxectos propostos para este curso (que se poden consultar nunha entrada anterior deste blogue), os alumnos de 2º ESO A e 2º ESO B, seleccionaron os que van a realizar durante o presente curso 2011-2012 e que se mostran nas seguintes listas:


Como xa sabedes, o método de proxectos consta de 4 fases:
  1. Identificar o problema ou necesidade a resolver.
  2. Explorar as diversas ideas e deseñar as distintas solucións.
  3. Construír o obxecto.
  4. Comprobar o seu correcto funcionamento.
A asignación dos proxectos coincide coa 1ª fase (é dicir a identificación do problema).
O seguinte paso a seguir por cada grupo correspóndese coa 2ª fase (explorar as diversas ideas).

Para isto, contades cun plano de construción (orientativo), que podedes imprimir, modificar e adaptar á idea que tedes para o voso proxecto.  Necesitades tamén, facer unha previsión do material necesario, conseguilo e almacenalo e indicar cales serán os pasos de construción.

Nas vindeiras semanas debedes preparar un informe inicial, para entregar ó profesor, que explique os pasos indicados anteriormente.

martes, 1 de novembro de 2011

Elección dos proxectos de Tecnoloxía 2º ESO Curso 2011-2012

Nos vindeiros días os grupos de taller deberán elixir os proxectos que realizarán durante o Curso 2011-2012.
Para facilitar a elección do proxecto, se mostra unha listaxe de posibles proxectos, divididos segundo a súa dificultade (orientativa) en:
  • Dificultade baixa.
  • Dificultade media.
  • Dificultade alta.
Os grupos tamén poden propoñer os seus propios proxectos, que deberán pasar a aprobación inicial do profesor.

Proxectos de dificultade baixa (o grupo que os elixa deberá realizar varios, debido ó menor nº de horas que levan na súa realización):
  • Bastón de chuvia: Proxecto baseado no kit nº 109.106 de Opitec.
  • Flauta de émbolo: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 106.762 de Opitec.
  • Chaveiro metálico: Elaboración do kit nº 112.064 co material orixinal de Opitec.
  • Escaleira de Xacobe: Proxecto modificado a partires de deseños atopados en internet, Escada de Xacobe (preme na ligazón anterior para acceder ó documento PDF coas indicación de construción).
  • Avión "Nespra": Elaboración do kit nº 100.995 co material orixinal de Opitec.

Proxectos de dificultade media (O grupo que os elixa debe facer só un, salvo que lles dea tempo a facer máis):
  • Carro elevador: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 101.152 de Opitec.
  • Triciclo chinés: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 101.887 de Opitec.
  • Bote de vela "Surprise": Elaboración do kit nº 105.722 co material orixinal de Opitec.
  • Catapulta: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 106.669 de Opitec.

Proxectos de dificultade alta (O grupo que os elixa debe facer só un):
  • Ponte levadiza: Modificación do proxecto orixinal obtido do kit nº 105.456 de Opitec.
  • Bote polbeiro de Bueu: Modificación do proxecto orixinal (preme para ver os planos en formato PDF) de Francisco Simes Mártinez (EUP. Industrial e Naval).
  • Barca palangreira catalana: Modificación do proxecto orixinal da maqueta dunha barca palangreira catalana (preme para ver o plano en formato jpg), obtida da páxina web ASCNaval.