Desde fai 2 anos, no IES. Chano Piñeiro, os alumnos de 3º de ESO veñen celebrando a Competición de robótica como remate do contido práctico da materia de Tecnoloxía.
O cartaz anunciador ten como protagonista unha mascota, deseñada con TinkerCAD como práctica dos contidos de informática da materia de Tecnoloxía de 3º de ESO.
Os cartaces son deseñados, cada curso, polos alumnos da materia de TIC de 4º de ESO. Os realizados ata agora foron:
II Competición (Curso 17-18):
Os alumnos de 2º de ESO decidiredes cal dos deseños, preseleccionados polo profesor, será a Mascota da competición de robótica na que participaredes o vindeiro curso.
No seguinte vídeo podedes ver os 7 deseños preseleccionados:
Para realizar a votación, accede ao seguinte fomulario, onde debes asignar unha puntuación de 1 a 7 a cada deseño (sen repetir a puntuación): Elección Mascota da III Competición de Robótica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario