O vindeiro martes 20 de marzo (entre as 15:30 e as 17:10), terá lugar a 2ª Competición de Robots do IES. Chano Piñeiro.
Nesta 2ª edición, a participación está limitada aos alumnos de 3º de ESO, distribuídos en 10 grupos.
A competición terá 2 modalidades:
- Segueliñas. O robot debe seguir unha liña negra coa axuda do sensor de IR. Cada grupo contará con 3 intentos para completar 1 volta ao circuíto, gañará o robot que realice a volta no menor tempo. En caso de empate, o gañador se decidirá pola suma dos 3 tempos obtidos. (Se un robot non completa unha volta, será penalizado con 1000 segundos. O circuíto ten unha lonxitude duns 8 metros).
- Labirinto. O robot debe escapar do labirinto coa axuda do sensor de ultrasóns. Cada grupo contará con 3 intentos, gañará o robot que escape no menor tempo, en caso de que ningún robot logre saír, gañará o robot que recorra unha maior distancia dentro do labirinto no menor tempo posible. (Se un robot golpea as paredes do labirinto, se parará a proba e será penalizado con 1000 segundos. O circuíto ten unha lonxitude de 9,6 metros).
Os resultados das competicións se mostrarán nunha futura entrada deste blogue.
Ningún comentario:
Publicar un comentario