Dos proxectos propostos para este curso (que se poden consultar nunha entrada anterior deste blogue), os alumnos de 2º ESO A e 2º ESO B, seleccionaron os que van a realizar durante o presente curso 2011-2012 e que se mostran nas seguintes listas:
Como xa sabedes, o método de proxectos consta de 4 fases:
- Identificar o problema ou necesidade a resolver.
- Explorar as diversas ideas e deseñar as distintas solucións.
- Construír o obxecto.
- Comprobar o seu correcto funcionamento.
A asignación dos proxectos coincide coa 1ª fase (é dicir a identificación do problema).
O seguinte paso a seguir por cada grupo correspóndese coa 2ª fase (explorar as diversas ideas).
Para isto, contades cun plano de construción (orientativo), que podedes imprimir, modificar e adaptar á idea que tedes para o voso proxecto. Necesitades tamén, facer unha previsión do material necesario, conseguilo e almacenalo e indicar cales serán os pasos de construción.

Nas vindeiras semanas debedes preparar un informe inicial, para entregar ó profesor, que explique os pasos indicados anteriormente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario