Un dos aspectos máis interesantes
da materia de Tecnoloxía é a posibilidade de poñer en práctica os
coñecementos teóricos que se explican na Clase e aprender técnicas e
métodos de construción e traballo con diversos materiais poñendo en práctica o método de proxectos.
Os pasos previos para a realización dos proxectos de Tecnoloxía que se desenrolaran durante a 2ª avaliación na aula-Taller, son os seguintes:
- Establecemento dos grupos de traballo no Taller.
- Elección dos proxectos a realizar.
- Análise inicial dos proxectos, material e ferramentas necesarias.
De seguido se mostran as listas cos grupos de traballo para os proxectos de Tecnoloxía.
Nos vindeiros días, os grupos deberán seleccionar os proxectos a realizar, a partires dunha lista de proxectos presentada polo profesor (considerados adecuados ó nivel de coñecementos e destrezas dos alumnos) ou dunha proposta de proxecto presentada polos alumnos e aprobada polo profesor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario