domingo, 10 de outubro de 2010

A Tecnoloxía en GALEGO, como non!.


Ao igual que vimos de facer no blogue "Flor de Toxo" deste mesmo Centro, queremos dedicar esta entrada a amosar o noso compromiso co Galego.
Durante este curso e os vindeiros, o material didáctico que usaremos nas clases será en Galego, como non!
A lingua na que falaremos entre nós durante as clases será o Galego, como non!
O material que elaboraremos (entradas do blogue, memorias de proxectos, etc) estará en Galego, como non!
E todo isto, porque tanto o profesor que aquí escribe como os seus alumnos sempre se expresaron en Galego, leron en Galego e pensan en Galego, como non!
E porque, en fin, cremos que a nosa língua permitenos comunicar na materia de  Tecnoloxías, porque non é inferior a outras, tan só é a nosa língua, como non!

xoves, 11 de marzo de 2010

Proxectos de 2º ESO A. Curso 09-10.

Nesta entrada se mostran os Proxectos que durante o Curso 2009-2010 foron realizados polos alumnos de 2º ESO A durante a 2ª avaliación e parte da 1ª.

Proxecto grupo 1: Ponte levadiza. Realizada por Iván Barreiro, Brais Castro, Iván García e Alexander Seijas.
Proxecto grupo 2: Carretilla elevadora. Realizada por Cristina Cortizo, Patricia Campos, Iván Cortizo e Alexandre Rivas.
Proxecto grupo 3: Ponte levadiza. Realizada por Rafael Canabal, Diego Otero, Iván Otero e Adani Trigo.
Proxecto grupo 4: Carretilla elevadora. Realizada por Uxía Gamallo, Andrea Paz e Raquel Rey.
Proxecto grupo 5: Barca a vapor. Realizada por Cristina Barreiro, Estefanía López e Miriam Mait.
Proxecto grupo 6: Roda hidráulica. Realizada por Daniel Barros, Hector Seijas e Claudio Troitiño.

Nota: Os proxectos "Ponte levadiza" están inspirados no plano do kit nº 105.456 de Opitec, o proxecto "Roda hidráulica" está construído seguindo as instruccións do plano do kit nº 100.906 de Opitec, os proxectos "Carretilla elevadora" están inspirados no plano do kit nº 101.152 de Opitec e o proxecto "Barca a vapor" é idea orixinal do propio grupo.

luns, 1 de febreiro de 2010

Proxectos de 2º ESO B. Curso 09-10.

Nesta entrada se mostran os Proxectos que durante o Curso 2009-2010 foron realizados polos alumnos de 2º ESO B durante a 2ª avaliación e parte da 1ª.

Proxecto grupo 1: Ponte levadiza. Realizada por Iván Fernández, Carlos Taboada e Jonathan Villaverde.
Proxecto grupo 2: Roda hidráulica. Realizada por Martín Darriba, Iván García e Gabriel Queiroz.
Proxecto grupo 3: Ponte levadiza. Realizada por Xeila Castro, Susana Lamas, Lucía Méndez e Diana Varela.
Proxecto grupo 4: Ponte levadiza. Realizada por Daniel Álvarez, Noemí Bernárdez, Cristian Canabal e Juan Rivas.
Proxecto grupo 5: Barca a vapor e Balancín térmico. Realizados por Sergio Regueiro, Jacobo Taín e Iván Varela.

Proxecto grupo 6: Carretilla elevadora. Realizada por Katia Gaiteiro, Andrea Garrido e Andrea López.

Nota: Os proxectos "Ponte levadiza" están inspirados no plano do kit nº 105.456 de Opitec, o proxecto "Roda hidráulica" está construído seguindo as instruccións do plano do kit nº 100.906 de Opitec, o proxecto "Carretilla elevadora" está inspirado no plano do kit nº 101.152 de Opitec e os proxectos "Barca a vapor" e "Balancín térmico" foron montados a partir das pezas dos kits nº 108.694 de Opitec e nº 104.689 de Opitec.

mércores, 11 de novembro de 2009

Lista de proxectos de 2º de ESO para o Curso 09-10


Unha dos aspectos máis interesantes da materia de Tecnoloxía é a posibilidade de poñer en práctica os coñecementos teóricos que se explican na Clase e aprender técnicas e métodos de construción e traballo con diversos materiais, sacando o máximo partido á estupenda aula-taller de que dispoñemos no noso Centro.

Para acadar isto, ó principio do Curso se dan a elixir uns proxectos que considero adecuados ó nivel de coñecementos e de destrezas dos alumnos. Estes proxectos contan sempre co correspondente plano de proxecto, pero tamén teñen a opción de decidir eles o seu propio proxecto e, partindo de cero, deseñar os seus propios planos.

Os proxectos adoito adaptalos dos excelentes planos de proxecto que veñen cos Kits de construción de Opitec, que é un subministrador de material escolar que recomendo, pois xa son moitos os anos que levamos traballando a partir de material subministrado por eles.

Durante a realización do Proxecto Técnico adoitan adoptarse solucións a problemas de construción ou se deciden modificacións no proxecto orixinal que os alumnos deben recoller nunha memoria final similar a un plano de proxecto (que pode servir de base para o traballo en Taller en futuros Cursos).

Pódese acceder á lista de proxectos seleccionados polo alumnos de 2º de ESO A e B para o Curso 09-10 en formato PDF, premendo no enlace: Lista de proxectos 09-10.

martes, 3 de novembro de 2009

O Blogue do Taller de Tecnoloxía comeza a súa andaina


Durante este Curso 2009-2010 comeza a súa andaina o Blogue do Taller de Tecnoloxía, que co nome de "TRASTEANDO NO CHANO PIÑEIRO" veño de crear, coa idea de proporcionar un taboleiro onde os alumnos aos que lles imparto a materia de Tecnoloxías, poidan mostrar os seus traballos ou acceder aos contidos da materia en formato dixital.

Durante este Curso unicamente aparecerán neste Blogue os traballos máis salientables dos alumnos de 2º de ESO A e B do IES. "Chano Piñeiro", pois son estes os alumnos aos que lles imparto a materia de Tecnoloxías (os proxectos e traballos de Tecnoloxías do grupo de 3º de ESO Diversificación seguirán expoñéndose no Blogue "Flor de Toxo").