martes, 20 de outubro de 2020

Tema: Estruturas. 2º ESO. Curso 2020-2021.


O segundo tema da materia de Tecnoloxía de 2º de ESO trata sobre as Estruturas.
Como un paso previo ao traballo en Taller, debemos coñecer os elementos que conforman as estruturas e os esforzos aos que se ven sometidos, ademais dos elementos que aumentan a súa resistencia.

Premede na seguinte ligazón para acceder ao documento en formato PDF que contén o tema: Estruturas.pdf.

Para completar a información sobre o tema, contamos coas seguintes ligazóns:

Vídeos sobre elementos simples dunha estrutura.

Exemplos de estruturas:

Superestruturas.

Estabilidade das estruturas. Centro de gravidade (centro de masas).

Esforzos aos que se ven sometidos as estruturas.
Nota: O 7 de Novembro de 1940, sobre as 11:00 da mañá, a ponte de Tacoma (Estado de Washington en EEUU) caeu debido ás vibracións inducidas por un vento lateral duns 65 Km/h. A ponte levaba unicamente uns poucos meses aberta ao tráfico, tiña unha lonxitude de 1600 metros e unha distancia entre piares (luz) de 850 m (era a 3ª máis grande do mundo na súa época).

xoves, 8 de outubro de 2020

Iniciación aos kits de robótica Mbot Ranger. 3º ESO. Curso 2020-2021

Durante esta 1ª avaliación, alternaremos o contido teórico-práctico de Mecanismos co contido de iniciación ao kit de robótica Mbot Ranger de Makeblock.

Faremos un repaso ao entorno de programación mBlock, as diversas formas de comunicación e programación do robot Mbot Ranger; descubriremos as súas potencialidades (sensores, actuadores) e incluso a posibilidade de programalo desde a App Makeblock.

De seguido, tes as ligazóns aos pdf's que podes consultar durante esta fase de toma de contacto cos robots Mbot Ranger:
Ademais, podes descargar o excelente Manual de Mbot Ranger de Susana Oubiña, onde poderás ampliar información moi interesante para a 1ª e 2ª avaliacions:
As listas dos grupos de taller para traballar a Robótica quedan así:

luns, 5 de outubro de 2020

Ferramentas do Taller. Proxectos introdutorios. 2º ESO. Curso 2020-2021.

Se premes na seguinte ligazón podes descargar a lista das ferramentas máis utilizadas no noso taller nun curso de 2º de ESO e que debes coñecer: "Lista de ferramentas.pdf"

Podes tamén consultar, cando teñas dúbidas sobre elas, estes 2 pdf recopilatorios das ferramentas:
Na seguinte imaxe tedes un plano do taller de Tecnoloxía, coa disposición dos diferentes espazos de traballo.

O proxecto introdutorioa a realizar durante a 1ª avaliación os elixiremos nos vindeiro días, a elixir entre varios:
Listas dos grupos de taller: