mércores, 9 de setembro de 2020

Matriz ou Rúbrica de avaliación do Caderno. Tecnoloxía 2º e 3º ESO. Curso 2019-2020.

Na materia de Tecnoloxía, na que non temos libro de texto, é moi importante que contes cun bo caderno de clase. É por isto que se lle da tanta importancia ao Caderno para calcular a nota final da materia.

Para avaliar o teu Caderno se utilizarán 2 matrices ou rúbricas de avaliación, que podes consultar de seguido (tenta familiarizarte con elas se queres mellorar as túas notas do caderno).

Por un lado é importante ter un caderno completo, ordenado e lexible, que permita preparar en condicións o exame da materia. Na seguinte imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación do caderno (valorando unicamente a Presentación e o Contido). Contribúe cun 20% á nota da materia na 1ª avaliación.

Por outro, debe recoller tódolos exercicios realizados, prestando especial atención á súa correcta realización como preparación do exame. Nesta outra imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación dos exercicios recollidos no caderno. Contribúe facendo media con outros exercicios nun 30% da nota da materia na 1ª avaliación.

Tema: Mecanismos. 3º ESO. Curso 2020-2021.


Este curso comezaremos polos contidos relacionados cos sistemas mecánicos: Pancas e sistemas de transmisión e transformación do movemento (con engrenaxes e poleas).
Para acceder aos apuntes sobre sistemas mecánicos, podes premer sobre a seguinte ligazón ao documento en formato PDF: Mecanismos.pdf.

Nas seguintes ligazóns podes acceder a máis exercicios sobre mecanismos:

Ampliación:

Presentación da materia: Tecnoloxía 3º ESO. Curso 2020-2021.


Nesta entrada podes consultar os contidos principais da materia de Tecnoloxía en 3º de ESO para o curso 2020-2021, así como os criterios de  cualificación.
A materia a podemos dividir en 3 grandes grupos:

O traballo se fará de xeito individual e en grupos.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

1ª Avaliación:
  • Un 20% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 50% da nota obterase dos controis e exames teóricos.
  • Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo (exames orais e avaliación dos exercicios no caderno e no taller).
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
2ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 50% da nota obterase do proxecto: Competición de robótica.
  • Un 30% da nota obterase dos exercicios no taller e dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
3ª Avaliación:
  • Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos realizados cos ordenadores da aula de informática sobre os contidos de follas de cálculo.
  • Un 30% da nota obterase dos exercicios de Deseño 3D con TinkerCAD e dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.

Presentación da materia: Tecnoloxía 2º ESO. Curso 2020-2021.


Nesta entrada podes consultar os contidos principais da materia de Tecnoloxía en 2º de ESO para o curso 2020-2021, así como os criterios de cualificación.

Podes acceder á seguinte presentación realizada en Genial.ly:


Tes a mesma información resumida deseguido:

A materia se compón de 3 grandes contidos:

O traballo se realizará de xeito individual e en grupos.

Criterios de cualificación:
1ª Avaliación:
  • Un 20% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
  • Un 40% da nota obterase dos controis e exames teóricos. Método de avaliación: Probas escritas.
  • Un 30% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais, realización dos proxectos introdutorios, exercicios do caderno, buscas en Internet.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller. Método de avaliación: Valoración da participación.
2ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
  • Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller. Método de avaliación: Rúbricas sobre o Proxecto e a Memoria técnica.
  • Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais e exercicios do caderno.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller. Método de avaliación: Valoración da participación.
    3ª Avaliación:
    • Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos sobre os contidos de programación con Scratch. Método de avaliación: Valoración dos traballos realizados e Rúbricas.
    • Un 30% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos sobre os contidos de procesado de texto con Writer e manipulación básica de imaxe. Método de avaliación: Valoración dos traballos realizados e Rúbricas.
    • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase. Método de avaliación: Valoración da participación.

    Benvida ao novo Curso 2020-2021.


    Benvidos ao novo curso no blogue de aula da materia de Tecnoloxía de 2º e 3º de ESO, do IES. Chano Piñeiro.

    Neste blogue podedes acceder aos diversos contidos teóricos e prácticos que traballaremos durante o curso. Ademais podedes ver entradas anteriores, nas que se recollen, por exemplo, os proxectos realizados na aula-taller de Tecnoloxía en cursos anteriores.

    Estes e outros contidos estarán tamén accesibles nos respectivos cursos da aula virtual en Google Classroom.

    Na materia de Tecnoloxía utilizamos os coñecementos das diversas ciencias e tecnoloxías, seguindo un esquema que será similar en 2º, 3º e 4º de ESO.

    En cada curso, veremos uns contidos teóricos fundamentais que utilizaremos, de xeito práctico, na aula-taller, completándoos con contidos de Tecnoloxía Informática durante a 3º avaliación.

    CONTIDOS POR CURSO.

    2º ESO:
    • Contido teórico: Estruturas.
    • Contido práctico: Elaboración e construción de Estruturas.
    • Contido informática: Programación con Scratch e Procesado de textos.
    3º ESO:
    • Contido teórico: Mecanismos.
    • Contido práctico: Robótica.
    • Contido informática: Deseño 3D con TinkerCAD e Folla de Cálculo.
    4º ESO:
    • Contido teórico: Electricidade e Electrónica.
    • Contido práctico: Montaxe de Sistemas electrónicos.
    • Contido informática: Simulación e programación de Sistemas electrónicos.
    De novo un saúdo a todos e benvidos ao novo Curso.

    O profesor: Manuel Andújar Matalobos.

    mércores, 18 de marzo de 2020

    Resultados da IV Competición de robótica. 3º ESO. Curso 2019-2020.

    A continuación se mostran os resultados da IV Competición de robotica do IES. Chano Piñeiro, nas modalidades Segueliñas e Labirinto.

    Na modalidade Segueliñas, cada grupo contaba con 2 intentos para dar 1 volta ao circuíto no menor tempo posible (no caso de non rematar unha das voltas, a penalización sería de 10 minutos). En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decidiría pola suma dos 2 tempos obtidos.

    O ranking da proba Segueliñas quedou como segue:

    Na modalidade Labirinto, cada grupo contou con 2 intentos para lograr saír do labirinto no menor tempo posible. En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decidiría pola suma dos 2 tempos obtidos.

    O ranking da proba Labirinto quedou como segue:

    O ranking final (combinado) das probas Segueliñas e Labirinto quedou como segue:
    De seguido, tedes un vídeo resumo da IV Competición de robótica: