domingo, 15 de decembro de 2019

Proxectos a realizar durante a 2ª Avaliación. 2º ESO. Curso 2019-2020.

Nesta entrada tedes a recompilación dos proxectos elixidos por cada grupo, que deberán rematarse durante a 2ª avaliación.

Os proxectos elixidos en 2º A foron:
De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
  • Grupo 1: Coche "Oldtimer" (Opitec nº 101129).
  • Grupo 2: Maqueta dunha Casa. Elaborarán os planos durante a fase de construción.
  • Grupo 3: Triciclo chinés (Opitec nº 101.887).
  • Grupo 4: Maqueta da Ponte dos tirantes de Pontevedra. Elaborarán os planos durante a fase de construción.
  • Grupo 5: Dominó. Elaborarán os planos durante a fase de construción.
Os proxectos elixidos en 2º B foron:
De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os diarios do proxecto e de taller, o que lles permitirá redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato .pdf ou .odt Memoria.pdf ou Memoria.odt).

sábado, 15 de xuño de 2019

Elección da Mascota da IV Competición de Robótica (Curso 2019-2020)

No IES. Chano Piñeiro, os alumnos de 3º de ESO veñen celebrando, dende hai 3 anos, a competición de robótica como remate do contido práctico da materia de Tecnoloxía.

O cartaz anunciador da competición ten sempre como protagonista unha mascota, deseñada con TinkerCAD como práctica dos contidos de informática da materia de Tecnoloxía de 3º de ESO.

Os realizados ata agora foron:
I competición de robótica (Curso 16-17).
II competición (Curso 17-18).
III competición (Curso 18-19).

O deseño elixido como mascota da competición de robótica do vindeiro curso (2019-2020) foi o realizado por Débora Blanco coa ferramenta de Deseño 3D en liña TinkerCAD.

De seguido se mostran diversas capturas de pantalla que se usarán, o vindeiro curso, para o deseño do cartaz da IV Competición de robótica do IES. Chano Piñeiro.






sábado, 30 de marzo de 2019

Resultados da III Competición de robótica do IES. Chano PIñeiro. Curso 2018-2019.

A continuación se mostran os resultados da III Competición de robotica do IES. Chano Piñeiro, nas modalidades Segueliñas e Labirinto.

Na modalidade Segueliñas, cada grupo contou con 3 intentos para dar 1 volta ao circuíto no menor tempo posible (no caso de non rematar unha das voltas, a penalización foi de 1000 segundos). En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decidía pola suma dos 3 tempos obtidos.

O ranking da proba Segueliñas quedou como segue:
Na modalidade Labirinto, cada grupo contou con 3 intentos para lograr saír do labirinto no menor tempo posible. En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decidiría pola suma dos 3 tempos obtidos. En caso de non lograr ningún equipo saír do labirinto, se decidiría o gañador polo que recorrera maior distancia no menor tempo posible, resolvéndose o posible empate pola suma das distancias obtidas e en última instancia polo menor tempo.

O ranking da proba Labirinto quedou como segue:
O ranking final (combinado) das probas Segueliñas e Labirinto quedou como segue:

III Competición de robótica. 3º ESO. Curso 2018-2019.

O Martes 26 de marzo (pola tarde) tivo lugar a competición de robótica no salón de actos compartido entre o IES. Chano Piñeiro e o CPI. Nosa Señora das Dores.
De seguido se mostra unha pequena selección das fotografías realizadas antes e durante as probas, nunha entrada posterior se mostrarán os resultados da competición.
O salón de actos preparado para a competición
Un momento da competición Segueliñas
Outro momento con Ainara realizando a videoreportaxe
Os xuices de liña (Pablo e Sergio de 4º de ESO) controlando a proba
Un momento da competición Labirinto
Outro momento da competición Labirinto

Proxectos realizados. 2º ESO B. Curso 2018-2019.

Estes foron os proxectos realizados durante a 2ª avaliación no Taller de Tecnoloxía por parte dos alumnos de 2º ESO B:

Grupo 1. Ponte dos Tirantes: David Silva, Silvia Álvarez e Rocío Vilela.

Grupo 2. Coche Oldtimer: Marcos Abad, Mirian Bernárdez e Victor Pazos.

Grupo 3. Ponte Curvada: Martín Arca, Nayara Blanco e Iván Picallo.

Grupo 4. Catapulta: Elmo Carballa, Adrián Mariño e Teba Pereira.

Grupo 5. Ponte levadiza: Daniel Lavandeira e Ana González.

Proxectos realizados. 2º ESO A. Curso 2018-2019.

Estes foron os proxectos realizados durante a 2ª avaliación no Taller de Tecnoloxía por parte dos alumnos de 2º ESO A:

Grupo 1. Noria: Ainara Álvarez, Verónica Troitiño e Juan Carlos Canabal.

Grupo 2. Carretilla elevadora: Francisco Javier Dapena, Daniel Remesar e Mireya Nacimento.

Grupo 3. Coche: Adán Otero e Uxía García.

Grupo 4. Tiovivo: Cristina Soto, Iván Cortizo e Sheila Sobrado.

Grupo 5. Coche Oldtimer: Cristian Paz e Marcos Lesta.