venres, 17 de marzo de 2017

I Competición de robots do IES. Chano Piñeiro (3º ESO)

Deseño do Cartel: Sebastián Álvarez Fontán
O vindeiro venres 24 de marzo (entre as 10:40 e as 12:20), terá lugar a 1ª Competición de Robots do IES. Chano Piñeiro.

Nesta 1ª edición a participación está limitada aos alumnos de 3º de ESO (durante a 2ª avaliación os alumnos de 3º, estiveron programando o robot elixido por eles, entre os 11 do taller de 5 modelos diferentes, na modalidade Segueliñas ou Baile).

A competición terá 2 modalidades:
  • Segueliñas. Cada robot debe realizar 3 voltas ao circuíto, gañará o robot que realice a volta no menor tempo. En caso de empate, o gañador se decidirá pola suma dos 3 tempos obtidos. Se un robot no completa unha volta, será penalizado con 1000 segundos. O circuíto ten unha lonxitude de 20,35 metros.
  • Baile. O robot debe programarse para realizar a coreografía dunha canción elixida polo grupo. O robot non pode saír do tapete de dimensións: 143 cm x 289 cm (é o mesmo que se usa na competición Segueliñas). 3 xuíces valorarán a sincronización do movemento co ritmo da música, o nº e calidade das figuras realizadas e a beleza artística da coreografía no seu conxunto.

Os resultados das competicións se mostrarán nunha futura entrada deste blogue.

Esperamos continuar esta iniciativa en vindeiros cursos, abrindo as opcións de apuntarse á competición non só aos alumnos de 3º, senón tamén a outros alumnos que tiveran participado en cursos anteriores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario