O proxecto introdutorio a realizar durante a 1ª avaliación polos 6 grupos de taller será:
A Escada de Xacobe
É este un típico xoguete que se pode realizar en madeira e se une cunhas fitas de tela de varias cores, ao xirar a peza superior 180º da a sensación de que caen as pezas. Pode mellorarse o deseño se finalmente se pega unha imaxe nunha cara das pezas e outra imaxe diferente na cara contraria.
Podes examinar a seguinte documentación para decidir as súas características básicas e obter ideas de como realizalo:
Coa axuda da documentación e vídeos explicativos, cada grupo debe decidir as características do deseño que desexa realizar. Unha vez aprobado o deseño polo profesor, cada grupo deberá construír o seu modelo.
Comezamos a 2ª avaliación cos proxectos introdutorios xa rematados, os cales nos permitiron coñecer algunhas das ferramentas da aula-taller de Tecnoloxía e como utilizalas.
Durante esta avaliación, ides a construír os vosos proxectos seguindo as 6 fases do proxecto tecnolóxico:
Para axudarvos na realización do voso proxecto podedes descargar os seguintes documentos:
Diario do proxecto.pdf, que podedes usar para indicar os prazos de realización de cada fase, xunto cos datos máis relevantes sobre elas.
Diario de taller.pdf, onde teredes que recoller as diversas operacións realizadas, quen as realizou e as ferramentas e material utilizado, como paso previo para a elaboración da Memoria do proxecto.
Animádevos a ser creativos, podedes ver un fragmento do programa nº 89 de Redes de TVE, sobre a creatividade:
Os proxectos selecionadas para a súa realización foron:
De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os diarios do proxecto e de taller, o que lles permitirá redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato .pdf, .odt ou documento de texto de Google: Memoria.pdf, Memoria.odt ou Memoria).
O cartaz anunciador da competición de robótica ten sempre como protagonista unha mascota, deseñada conTinkerCAD,como práctica dos contidos de informática da materia de Tecnoloxía de 3º de ESO.
O vindeiro curso esperamos que teña lugar a V Competición de robótica, que terá un cartaz no que a mascota protagonista é o deseño realizado por Elmo Carballa en TinkerCAD.
Nas seguintes ligazóns, a entradas anteriores deste blogue, se poden observar os cartaces das 4 edicións anteriores:
Comezamos a 2ª avaliación cos proxectos introdutorios xa rematados, os cales nos permitiron coñecer algunhas das ferramentas da aula-taller de Tecnoloxía e como utilizalas.
Durante esta avaliación, ides a construír os vosos proxectos seguindo as 6 fases do proxecto tecnolóxico:
O 1º paso é "Identificar o problema", que para vós consistirá en decidir que queredes realizar (como xa sabedes tedes exemplos de proxectos de cursos anteriores, pero tamén tedes moita información e exemplos en internet, ademais de que poidades ter unha idea orixinal que queirades realizar).
Nun 2º paso "Explorar as diversas ideas" podedes propoñer modificacións ao proxecto orixinal, que non ten por que seguir un plano "ao pé da letra".
E no 3º paso "Planificación", podedes buscar no almacén do taller o material que necesitaredes, para pasar ao 4º paso "Construír o obxecto".
Para axudarvos na realización do voso proxecto podedes descargar os seguintes documentos:
Diario do proxecto.pdf, que podedes usar para indicar os prazos de realización de cada fase, xunto cos datos máis relevantes sobre elas.
Diario de taller.pdf, onde teredes que recoller as diversas operacións realizadas, quen as realizou e as ferramentas e material utilizado, como paso previo para a elaboración da Memoria do proxecto.
Animádevos a ser creativos, de seguido podedes ver un fragmento do programa nº 89 de Redes de TVE, sobre a creatividade:
Os que tedes pendente de recuperar o exame de teoría da 1ª avaliación, teredes que ir pasando ao voso caderno os boletíns de repaso, antes de facer o exame de recuperación.
De seguido tedes as ligazóns aos boletíns de repaso en formato pdf:
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os diarios do proxecto e de taller, o que lles permitirá redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato .pdf ou .odt Memoria.pdf ou Memoria.odt).
A continuación se mostran os resultados da IV Competición de robotica do IES. Chano Piñeiro, nas modalidades Segueliñas e Labirinto.
Na modalidade Segueliñas, cada grupo contaba con 2 intentos para dar 1 volta ao circuíto no menor tempo posible (no caso de non rematar unha das voltas, a penalización sería de 10 minutos). En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decidiría pola suma dos 2 tempos obtidos.
O ranking da proba Segueliñas quedou como segue:
Na modalidade Labirinto, cada grupo contou con 2 intentos para lograr saír do labirinto no menor tempo posible. En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decidiría pola suma dos 2 tempos obtidos.
O ranking da proba Labirinto quedou como segue:
O ranking final (combinado) das probas Segueliñas e Labirinto quedou como segue:
De seguido, tedes un vídeo resumo da IV Competición de robótica:
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os diarios do proxecto e de taller, o que lles permitirá redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato .pdf ou .odt Memoria.pdf ou Memoria.odt).
No IES. Chano Piñeiro, os alumnos de 3º de ESO veñen celebrando, dende hai 3 anos, a competición de robótica como remate do contido práctico da materia de Tecnoloxía.
O cartaz anunciador da competición ten sempre como protagonista unha mascota, deseñada con TinkerCAD como práctica dos contidos de informática da materia de Tecnoloxía de 3º de ESO.
Os realizados ata agora foron:
I competición de robótica (Curso 16-17).
II competición (Curso 17-18).
III competición (Curso 18-19).
O deseño elixido como mascota da competición de robótica do vindeiro curso (2019-2020) foi o realizado por Débora Blanco coa ferramenta de Deseño 3D en liña TinkerCAD.
De seguido se mostran diversas capturas de pantalla que se usarán, o vindeiro curso, para o deseño do cartaz da IV Competición de robótica do IES. Chano Piñeiro.