sábado, 30 de marzo de 2019

Resultados da III Competición de robótica do IES. Chano PIñeiro. Curso 2018-2019.

A continuación se mostran os resultados da III Competición de robotica do IES. Chano Piñeiro, nas modalidades Segueliñas e Labirinto.

Na modalidade Segueliñas, cada grupo contou con 3 intentos para dar 1 volta ao circuíto no menor tempo posible (no caso de non rematar unha das voltas, a penalización foi de 1000 segundos). En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decidía pola suma dos 3 tempos obtidos.

O ranking da proba Segueliñas quedou como segue:
Na modalidade Labirinto, cada grupo contou con 3 intentos para lograr saír do labirinto no menor tempo posible. En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decidiría pola suma dos 3 tempos obtidos. En caso de non lograr ningún equipo saír do labirinto, se decidiría o gañador polo que recorrera maior distancia no menor tempo posible, resolvéndose o posible empate pola suma das distancias obtidas e en última instancia polo menor tempo.

O ranking da proba Labirinto quedou como segue:
O ranking final (combinado) das probas Segueliñas e Labirinto quedou como segue:

III Competición de robótica. 3º ESO. Curso 2018-2019.

O Martes 26 de marzo (pola tarde) tivo lugar a competición de robótica no salón de actos compartido entre o IES. Chano Piñeiro e o CPI. Nosa Señora das Dores.
De seguido se mostra unha pequena selección das fotografías realizadas antes e durante as probas, nunha entrada posterior se mostrarán os resultados da competición.
O salón de actos preparado para a competición
Un momento da competición Segueliñas
Outro momento con Ainara realizando a videoreportaxe
Os xuices de liña (Pablo e Sergio de 4º de ESO) controlando a proba
Un momento da competición Labirinto
Outro momento da competición Labirinto

Proxectos realizados. 2º ESO B. Curso 2018-2019.

Estes foron os proxectos realizados durante a 2ª avaliación no Taller de Tecnoloxía por parte dos alumnos de 2º ESO B:

Grupo 1. Ponte dos Tirantes: David Silva, Silvia Álvarez e Rocío Vilela.

Grupo 2. Coche Oldtimer: Marcos Abad, Mirian Bernárdez e Victor Pazos.

Grupo 3. Ponte Curvada: Martín Arca, Nayara Blanco e Iván Picallo.

Grupo 4. Catapulta: Elmo Carballa, Adrián Mariño e Teba Pereira.

Grupo 5. Ponte levadiza: Daniel Lavandeira e Ana González.

Proxectos realizados. 2º ESO A. Curso 2018-2019.

Estes foron os proxectos realizados durante a 2ª avaliación no Taller de Tecnoloxía por parte dos alumnos de 2º ESO A:

Grupo 1. Noria: Ainara Álvarez, Verónica Troitiño e Juan Carlos Canabal.

Grupo 2. Carretilla elevadora: Francisco Javier Dapena, Daniel Remesar e Mireya Nacimento.

Grupo 3. Coche: Adán Otero e Uxía García.

Grupo 4. Tiovivo: Cristina Soto, Iván Cortizo e Sheila Sobrado.

Grupo 5. Coche Oldtimer: Cristian Paz e Marcos Lesta.

venres, 14 de decembro de 2018

Proxectos a realizar durante a 2ª avaliación. 2º ESO. Curso 2018-2019.

Durante a 2ª avaliación se realizarán os proxectos tecnolóxicos no Taller. Cada grupo debe decidir, antes de irse de vacacións de Nadal, o proxecto a realizar, buscar a información que necesitará e planificar a construción. Así, á volta das vacacións comezarán coa construción do proxecto elixido.

Os grupos de taller para a 2ª avaliación serán:

De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:

De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
  • Grupo 1: Ponte dos tirantes (elaborarán os planos durante a fase de construción).
  • Grupo 2: Coche "Oldtimer" (Opitec nº 101129).
  • Grupo 3: Ponte curvada (elaborarán os planos durante a fase de construción).
  • Grupo 4: Catapulta (Opitec nº 106.669).
  • Grupo 5: Ponte levadiza (Opitec nº 105.456).
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os seguintes documentos: Diario do proxecto.pdf e Diario de Taller.pdf, que lle permitirán redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato .pdf ou .odt Memoria.pdf ou Memoria.odt).

xoves, 6 de decembro de 2018

Proxectos introdutorios (1ª avaliación) de 2º ESO A. Curso 2018-2019.

De seguido se mostran os proxectos introdutorios realizados durante a 1ª avaliación por cada grupo de taller de 2º ESO A.

Grupo 1: Ainara, Juan e Verónica. Bola suspendida.

Grupo 2: Iván, Fran e Mireya. Frauta de émbolo.

Grupo 3: Uxía, Adán e Daniel. Bola suspendida.

Grupo 4: Sheila e Cristina. Bola suspendida.

Grupo 5: Marcos e Cristian. Frauta de émbolo.

Proxectos introdutorios (1ª avaliación) de 2º ESO B. Curso 2018-2019.

De seguido se mostran os proxectos introdutorios realizados durante a 1ª avaliación por cada grupo de taller de 2º ESO B.

Grupo 1: David, Silvia e Rocío. Bola suspendida.

Grupo 2: Marcos, Victor e Mirian. Frauta de émbolo.

Grupo 3: Martín, Iván e Nayara. Bola suspendida.

Grupo 4: Elmo, Adrián e Teba. Frauta de émbolo.

Grupo 5: Daniel e Ana. Bola suspendida.

sábado, 29 de setembro de 2018

Ferramentas do Taller. Proxectos introdutorios. 2º ESO. Curso 2018-2019.

Comezamos este curso o traballo en Taller, realizando varios proxectos sinxelos, que nos permitirán coñecer as ferramentas do taller dun xeito práctico.

Se premes na seguinte ligazón podes descargar a lista das ferramentas máis utilizadas no noso taller nun curso de 2º de ESO, e que debes coñecer: "Lista de ferramentas.pdf"

Podes, tamén, consultar estes 2 pdf recopilatorios das ferramentas, cando teñas dúbidas sobre elas:
Os grupos de taller de 2º ESO A, serán:

Os grupos de taller de 2º ESO B, serán:

De seguido tedes os arquivos pdf cos planos de construción que necesitaredes para a realización dos proxectos introdutorios:
Na seguinte imaxe tedes un plano do taller de Tecnoloxía, coa disposición dos diferentes espazos de traballo.

venres, 8 de xuño de 2018

Resultado da votación da Mascota da III Competición de robótica

Nesta entrada se mostra o resultado da votación realizada entre @s alumn@s de 2º de ESO do IES. Chano Piñeiro, entre os 7 deseños preseleccionados polo profesor.

Estes deseños (podes velos no vídeo da entrada anterior) foron realizados polos alumnos de 3º de ESO, coa ferramenta de deseño 3D en liña Tinker CAD, durante este curso na materia de Tecnoloxía.

O resultado da votación foi o seguinte:


Polo tanto o deseño que resultou elixido como Mascota da competición de robótica do vindeiro curso (18-19) foi:

  • Bmo, deseñada por Froilán González e Sergio Vázquez coa ferramenta de Deseño 3D en liña TinkerCAD.
De seguido se mostran diversas capturas de pantalla que usarán, o vindeiro curso, os alumnos de TIC de 4º de ESO para o deseño do cartaz da III Competición de robótica.


sábado, 26 de maio de 2018

Elección da Mascota da III Competición de Robótica (Curso 18-19).

Desde fai 2 anos, no IES. Chano Piñeiro, os alumnos de 3º de ESO veñen celebrando a Competición de robótica como remate do contido práctico da materia de Tecnoloxía.

O cartaz anunciador ten como protagonista unha mascota, deseñada con TinkerCAD como práctica dos contidos de informática da materia de Tecnoloxía de 3º de ESO.

Os cartaces son deseñados, cada curso, polos alumnos da materia de TIC de 4º de ESO. Os realizados ata agora foron:

I competición (Curso 16-17):

II Competición (Curso 17-18):

Os alumnos de 2º de ESO decidiredes cal dos deseños, preseleccionados polo profesor, será a Mascota da competición de robótica na que participaredes o vindeiro curso.

No seguinte vídeo podedes ver os 7 deseños preseleccionados:

Para realizar a votación, accede ao seguinte fomulario, onde debes asignar unha puntuación de 1 a 7 a cada deseño (sen repetir a puntuación): Elección Mascota da III Competición de Robótica.