martes, 19 de abril de 2022

Manexo da folla de Cálculo, Calc, de LibreOffice. 3º ESO. Curso 2021-2022.


Remataremos os contidos de informática, correspondentes á materia de Tecnoloxía de 3º de ESO deste curso, aprendendo a manexar a folla de cálculo da Suitte LibreOfficeCalc.

Os contidos a tratar, así como os exercicios a realizar, os tes neste blogue e na aula virtual en Classroom, no seguinte arquivo pdf:
Ao rematar o exercicio 5, deberás entregar a túa 1ª tarefa en Classroom.

Para a realización do exercicio 6 (factura telefónica), necesitarás descargar o seguinte libro de Calc: "Factura Telefónica.ods".

Ao rematar o exercicio 7, deberás entregar a túa 2ª tarefa en Classroom.

Ao rematar o exercicio 11, deberás entregar a túa 3ª tarefa en Classroom.

De seguido tes unha serie de vídeos que te poden resolver algunhas das dúbidas que poidan ir xurdindo.

Vídeo explicativo: "Poñer bordos de diversos grosores nas celas" (axuda para o exercicio 6).

Vídeo explicativo: "Como calcular as coordenadas dunha parábola" (axuda para o exercicio 10).
Vídeo explicativo: "Creando a gráfica dunha parábola" (axuda para o exercicio 10).

Cando remates os exercicio do pdf: "Uso da folla de cálculo", podes descargar o pdf que contén os exercicios extra que te permitirán subir nota: "Uso avanzado de Calc.pdf".
Se queres seguir practicando, podes descargar uns exercicios extra nos seguintes documentos: Exercicio Exrtra 1.pdf e Lei dos grandes números.pdf.