luns, 24 de xaneiro de 2022

Introdución á Electricidade. 2º ESO. Curso 2021-2022.

Este tema abarca os coñecementos básicos de Electricidade necesarios para a realización dos proxectos no Taller durante a 2ª avaliación e tamén sirven como unha primeira toma de contacto cos coñecementos que necesitarás en 3º ESO (Robótica) e en 4º ESO (Electricidade e Electrónica).

Nos seguintes documentos tes toda a información que trataremos neste tema:
Podes ampliar os teus coñecementos sobre o apasionante mundo da Electricidade, premendo na seguinte ligazón sobre Historia da Electricidade en Wikipedia.

domingo, 9 de xaneiro de 2022

Robótica (Profundización). 3º ESO. Curso 2021-2022.


Durante a 2ª avaliación nos dedicaremos a profundizar no coñecemento e programación do robot Mbot Ranger, para posteriormente realizar programas "segueliñas" para o Mbot Ranger e "Labirinto" para os mClon (podes visitar a páxina dos creadores do mClon premendo na seguinte ligazón: Tecnoloxía.org e atoparás información moi interesante na ligazón resolver un labirinto de Tecnoloxía.org).

De seguido tedes ligazóns aos pdf's que vós permitirán profundizar no coñecemento e uso dos motores e dos sensores externos do Mbot Ranger, así como vos proporcionarán información de interese sobre os programas "Segueliñas" e "Labirinto":
Ademais, durante a 2ª avaliación traballaremos os contidos de Introdución á Electricidade e Electrónica, que nos permitirán coñecer máis a fondo como funcionan os diversos sensores e actuadores e como medir as súas principais variables eléctricas (V, I e R) coa axuda do polímetro.