mércores, 15 de decembro de 2021

Proxectos de Tecnoloxía para a 2ª avaliación. 2º ESO. Curso 2021-2022.

Comezamos a 2ª avaliación cos proxectos introdutorios xa rematados, os cales nos permitiron coñecer algunhas das ferramentas da aula-taller de Tecnoloxía e como utilizalas.

Durante esta avaliación, ides a construír os vosos proxectos seguindo as 6 fases do proxecto tecnolóxico:
Para axudarvos na realización do voso proxecto podedes descargar os seguintes documentos:
  • Diario do proxecto.pdf, que podedes usar para indicar os prazos de realización de cada fase, xunto cos datos máis relevantes sobre elas.
  • Diario de taller.pdf, onde teredes que recoller as diversas operacións realizadas, quen as realizou e as ferramentas e material utilizado, como paso previo para a elaboración da Memoria do proxecto.
Animádevos a ser creativos, podedes ver un fragmento do programa nº 89 de Redes de TVE, sobre a creatividade:

Os proxectos selecionadas para a súa realización foron:


De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os diarios do proxecto e de taller, o que lles permitirá redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato .pdf, .odt ou documento de texto de Google: Memoria.pdfMemoria.odt ou Memoria).

luns, 27 de setembro de 2021

Ferramentas do Taller. Proxectos introdutorios. 2º ESO. Curso 2021-2022.

Se premes na seguinte ligazón podes descargar a lista das ferramentas máis utilizadas na aula-taller e que debes coñecer: "Ferramentas da aula-taller.pdf"

Podes tamén consultar, cando teñas dúbidas sobre o uso correcto das ferramentas, estes 2 aarquivos recompilatorios:
Na seguinte imaxe tes un plano da aula-taller de Tecnoloxía, coa disposición dos diferentes espazos de traballo.

Os proxectos introdutorios a realizar durante a 1ª avaliación son:
Listas dos grupos de taller:
De seguido se mostran os proxectos introdutorios realizados durante a 1ª avaliación por cada grupo de taller.
Grupo 1: Alba, Alicia e Mariña. Carraca.

Grupo 2: Miguel, Jonathan e Román. Carraca.

Grupo 3: Noé, Diego e Antón. Flauta de émbolo.


Grupo 4: Andrés, Amparo e José Roberto. Carraca.

Grupo 5: Xurxo, Felipe e Marcos. Cascanoces.

mércores, 19 de maio de 2021

Procesado de textos con Writer de LibreOffice. 2º ESO. Curso 2020-2021.


Uso do procesador de texto Writer, da suite ofimática LibreOffice.org.

O seguinte contido de informática é o uso do procesador de textos Writer, da suite ofimática LibreOffice. As instrucións que necesitarás, están recollidas no documento: "Procesado de textos con Writer.pdf"

No documento "Procesado de textos con Writer.pdf", se explica como realizar un traballo de clase cuxo obxectivo final é entregar un pdf, que debe imitar o modelo que se mostra de seguido: Modelo Traballo.pdf.

Como 1ª tarefa en Classroom, debedes entregar a vosa versión do modelo anterior, chamándoo Modelo_Traballo_Nome.pdf.

Para axudarvos na elaboración desta tarefa, contades tamén coa axuda de 3 vídeos explicativos:

No 1º se explica como:
  • Inserir cabeceiras e rodapés.
  • Escribir o texto sen darlle formato.
  • Pasarlle o corrector ortográfico ao texto.
  • Formatar o texto.

No  se explica como:
  • Inserir caracteres especiais.
  • Inserir unha táboa.

No 3º se explica como:
  • Capturar e inserir imaxes.
  • Crear listas de numeración e viñetas.
  • Cambiar a configuración por defecto da páxina.
  • Crear o documento final en formato pdf.

Podes necesitar engadir fórmulas nos teus documentos, para aprender a facelo, temos os exercicios de realización de fórmulas que contén o pdf: "Exercicio Math".

A 2ª tarefa que aparecerá en Classroom, será a realización dun traballo dunha extensión máxima de 2 páxinas sobre Novos materiais.

No documento Novos materiais.pdf están as instrucións que te indicarán como realizar este traballo.

O seguinte vídeo explica como copiar texto e imaxes desde internet sen copiar os seus formatos orixinais da páxina web (Como copiar texto e imaxes aos nosos traballos en Writer):

xoves, 6 de maio de 2021

Elección da Mascota da V Competición de Robótica (Curso 2020-2021).

O cartaz anunciador da competición de robótica ten sempre como protagonista unha mascota, deseñada conTinkerCAD, como práctica dos contidos de informática da materia de Tecnoloxía de 3º de ESO.

O vindeiro curso esperamos que teña lugar a V Competición de robótica, que terá un cartaz no que a mascota protagonista é o deseño realizado por Elmo Carballa en TinkerCAD.

Nas seguintes ligazóns, a entradas anteriores deste blogue, se poden observar os cartaces das 4 edicións anteriores: 
De seguido se mostran diversas capturas de pantalla da mascota que se usarán, o vindeiro curso, para o deseño do cartaz da competición:













xoves, 25 de marzo de 2021

Proxectos realizados. 2º ESO. Curso 2020-2021.

De seguido se mostran as fotografías dos proxectos realizados durante a 2ª avaliación por parte dos alumnos de 2º de ESO do IES. Chano Piñeiro.


Grupo 1. 2º ESO B: Jairo e Germán. Coche "Oldtimer".
Grupo 4. 2º ESO B. Uxía, Carla e Aroa. Coche "Oldtimer".

Grupo 5. 2º ESO A. Pablo e Adrián. Catapulta.

Grupo 2. 2º ESO A. María, Sarai e Douaa. Triciclo "Chinés".

Grupo 4. 2º ESO A. Manuel e Andrés. Catapulta medieval.

Grupo 2. 2º ESO B. José Andrés e Clara. Catapulta.

luns, 4 de xaneiro de 2021

Proxectos de Tecnoloxía. 2º ESO. Curso 2020-2021.

Comezamos a 2ª avaliación cos proxectos introdutorios xa rematados, os cales nos permitiron coñecer algunhas das ferramentas da aula-taller de Tecnoloxía e como utilizalas.

Durante esta avaliación, ides a construír os vosos proxectos seguindo as 6 fases do proxecto tecnolóxico:

O 1º paso é "Identificar o problema", que para vós consistirá en decidir que queredes realizar (como xa sabedes tedes exemplos de proxectos de cursos anteriores, pero tamén tedes moita información e exemplos en internet, ademais de que poidades ter unha idea orixinal que queirades realizar).
Nun 2º paso "Explorar as diversas ideas" podedes propoñer modificacións ao proxecto orixinal, que non ten por que seguir un plano "ao pé da letra".
E no 3º paso "Planificación", podedes buscar no almacén do taller o material que necesitaredes, para pasar ao 4º paso "Construír o obxecto".

Para axudarvos na realización do voso proxecto podedes descargar os seguintes documentos:
  • Diario do proxecto.pdf, que podedes usar para indicar os prazos de realización de cada fase, xunto cos datos máis relevantes sobre elas.
  • Diario de taller.pdf, onde teredes que recoller as diversas operacións realizadas, quen as realizou e as ferramentas e material utilizado, como paso previo para a elaboración da Memoria do proxecto.
Animádevos a ser creativos, de seguido podedes ver un fragmento do programa nº 89 de Redes de TVE, sobre a creatividade:

Os que tedes pendente de recuperar o exame de teoría da 1ª avaliación, teredes que ir pasando ao voso caderno os boletíns de repaso, antes de facer o exame de recuperación.
De seguido tedes as ligazóns aos boletíns de repaso en formato pdf:
Os proxectos elixidos en 2º A foron:


De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
Os proxectos elixidos en 2º B foron:

De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os diarios do proxecto e de taller, o que lles permitirá redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato .pdf ou .odt Memoria.pdf ou Memoria.odt).