sábado, 15 de xuño de 2019

Elección da Mascota da IV Competición de Robótica (Curso 2019-2020)

No IES. Chano Piñeiro, os alumnos de 3º de ESO veñen celebrando, dende hai 3 anos, a competición de robótica como remate do contido práctico da materia de Tecnoloxía.

O cartaz anunciador da competición ten sempre como protagonista unha mascota, deseñada con TinkerCAD como práctica dos contidos de informática da materia de Tecnoloxía de 3º de ESO.

Os realizados ata agora foron:
I competición de robótica (Curso 16-17).
II competición (Curso 17-18).
III competición (Curso 18-19).

O deseño elixido como mascota da competición de robótica do vindeiro curso (2019-2020) foi o realizado por Débora Blanco coa ferramenta de Deseño 3D en liña TinkerCAD.

De seguido se mostran diversas capturas de pantalla que se usarán, o vindeiro curso, para o deseño do cartaz da IV Competición de robótica do IES. Chano Piñeiro.