mércores, 2 de outubro de 2013

Grupos de Taller 2º ESO. Curso 2013-2014.

De seguido se mostran as listas cos grupos de traballo para os proxectos de Tecnoloxía de 2º de ESO e os proxectos elixidos por cada grupo.

Cada grupo debe realizar, inicialmente, un borrador da memoria do proxecto, a cal debedes consultar e rectificar durante todo o proceso de construción. Como axuda podedes descargar o modelo de memoria en branco en formato pdf premendo na seguinte ligazón:

Ao remate da 2ª avaliación cada grupo debe entregar o proxecto de Tecnoloxía, xunto coa memoria (aínda en formato borrador) con tódalas modificacións que se foron engadindo durante a fase de construción e verificación do proxecto.

Para axudarvos na elaboración da memoria tedes á vosa disposición un documento en pdf que contén un Diario de Taller, que vos permitirá levar un control das operacións, de quen as realizou e do tempo que vos levaron (dato importante para incorporar no Orzamento o custo da man de obra).

Xa na 3ª avaliación, na que se impartirán os contidos de informática (manexo do procesador de texto e tratamento de imaxes), teredes que pasar a memoria do proxecto a formato dixital como un exercicio máis. Como axuda podedes descargar na seguinte ligazón a memoria en branco en formato odt (para traballar co Writer de LibreOffice):

venres, 15 de marzo de 2013

Proxectos realizados 3º ESO B. Curso 2012-2013.

Grupo 1: Ascensor.
Imaxe inferior: Esquema eléctrico de control do ascensor cun interruptor e 2 finais de carreira.

Grupo 2: Motor eléctrico.
Memoria do proxecto en formato .pdf:  Memoria proxecto tecnoloxía Natalia e Andrea.pdf

Grupo 3: Máquina de Leonardo.
Grupo 4: Avión nespra.



Proxectos realizados 3º ESO A. Curso 2012-2013.

Grupo 1: Motor con contactor "reed".
Memoria do proxecto en formato pdf: "Memoria proxecto Martín, Gabriel e Dani.pdf".

Grupo 2: Coche "Herbie".



Memoria do proxecto en formato pdf: "Memoria Proxecto Gabriel, Yessica e Cristina.pdf".
Grupo 3: Máquina de Leonardo.
Grupo 4: Ascensor.
Grupo 5: Motor eléctrico.
Memoria do proxecto en formato pdf: "Memoria Proxecto Cristina, Andrea e Roberto.pdf".

luns, 11 de marzo de 2013

Entrega das memorias e proxectos. Curso 2012-2013.

Chega ao seu fin a 2ª avaliación, que dedicamos á realización dos proxectos de Tecnoloxía relacionados coa materia impartida durante a 1ª avaliación (sistemas mecánicos e electricidade), polo que durante a semana do luns 11 de marzo ata o venres 15 de marzo deben entregarse os proxectos e as memorias de construción.
Nunha entrada anterior, tedes os modelos de memoria de proxecto en branco (en .pdf e en .odt) que podedes descargar.
Para axudar na elaboración da memoria, ademais de consultar co profesor podedes ver unha memoria de proxecto dun curso anterior: Barca Palangreira.pdf.

luns, 14 de xaneiro de 2013

Construción dunha lixadora manual para o Taller

Unha ferramenta importante para o traballo da madeira no Taller de Tecnoloxía é a lixadora.
Normalmente se traballa cun anaco de papel de lixa ou, cando a operación a realizar é máis difícil, utilizamos unha lixadora orbital. Pero hai unha alternativa intermedia que podemos construír dedicándolle unicamente 1 ou 2 horas de traballo, a lixadora manual.
Como modelo utilizamos a fotografía da lixadora manual que aparece no catálogo de Opitec.
Se queredes construír a lixadora manual, podedes premer na seguinte ligazón á memoria de construción da lixadora manual en PDF.