Comezaremos os contidos de informática na 3ª avaliación, coa programación con Scratch.
Introdución a Scratch
Actualmente está dispoñible a versión Web de Scratch 3.0, similar en apariencia ao aplicativo mBlock que se utiliza para programar os robots Mbot Ranger e mBot de Makeblock.O primeiro paso a realizar é entrar na páxina de Scratch e rexistrarse (utilizando o voso correo @ieschp.com), de seguido se mostra un vídeo co proceso a seguir (Rexistro na páxina de Scratch):
A continuación, podremos comezar a programar con Scratch. Se premes na opción Titoriais da páxina de Scratch, poderás ver os diversos titoriais, podes comezar co denominado Primeiros pasos e comprobar o sinxelo que é programar con Scratch.
No seguinte vídeo podes observar como seguir as instruccións do titorial Primeiros pasos (aínda que o vídeo está en Inglés, este pode subtitularse) (Como seguir as instrucións dun titorial en Scratch):
Agora que xa viches o sinxelo que é crear un programa con Scratch 3.0 seguindo as instrucións dun titorial, podemos continuar a aprender algo máis da programación con Scratch.
Imos a comezar realizando programas baseados nos seguintes 4 titoriais, que podes atopar na páxina de Scratch. Debes estar atento ás tarefas que te chegarán na aula virtual de Classroom, nas que se te pedirán que envíes os teus programas baseados nos seguintes titoriais:
- Anima un nome.
- Anima un carácter.
- Crea unha historia.
- Crea un xogo de persecución.
Como resposta ás tarefas que te chegarán por Classroom, debes poder compartir o teu programa. Unha vez rematado e nomeado o programa, debes premer no botón compartir para que os demais podamos velo.
A continuación tes un exemplo de progama de Scratch, publicado e compartido (como incrustado nesta entrada do blogue):
Como complemento da 1ª sesión de teoría, no seguinte vídeo podes observar o proceso de fabricación dun microprocesador:
Tamén tes o arquivo coa actividade Representación da información nun ordenador: Introdución á programación.pdf, que realizaremos como actividade inicial do contido de informática.
Para ampliar información sobre os ordenadores, podes premer na ligazón aos seguintes pdf's: