luns, 29 de agosto de 2022

Matriz ou Rúbrica de avaliación do Caderno. Curso 2022-2023.

Nas materias de Tecnoloxía e Dixitalización e Tecnoloxía, nas que non temos libro de texto, é moi importante que contes cuns bos apuntes no teu caderno de clase. É por isto que se lle da tanta importancia ao caderno para calcular a nota final da materia.

Para avaliar o teu caderno se utilizarán 2 matrices ou rúbricas de avaliación, que podes consultar de seguido (tenta familiarizarte con elas se queres mellorar as túas notas do caderno).

Por un lado é importante ter un caderno completo, ordenado e lexible, que permita preparar en condicións o exame teórico da materia e ampliar coñecementos de cara aos proxectos tecnolóxicos que irás realizando. Na seguinte imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación do caderno (valorando unicamente a Presentación e o Contido). Contribúe cun 20% á nota da materia na 1ª avaliación.

Por outro, debe recoller tódolos exercicios propostos, prestando especial atención á súa correcta realización. Nesta outra imaxe podes ver a matriz ou rúbrica de avaliación dos exercicios recollidos no caderno. Contribúe facendo media con outros exercicios nun 30% da nota da materia na 1ª avaliación.

Presentación da materia: Tecnoloxía e Dixitalización 1º ESO. Curso 2022-2023.

Nesta entrada podes consultar os contidos principais da materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de ESO para o curso 2022-2023, así como os criterios de cualificación.

Podes acceder á seguinte presentación da materia realizada en Genial.ly:

Ou podes ver un resumo da mesma información no seguinte cadro-resumo:

A materia se compón de 3 grandes contidos:

Os traballos se realizarán de xeito individual e en grupos.

Criterios de cualificación:
1ª Avaliación:
  • Un 20% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
  • Un 40% da nota obterase dos controis e exames teóricos. Método de avaliación: Probas escritas.
  • Un 30% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais, realización dos proxectos introdutorios, exercicios do caderno, buscas en Internet.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller. Método de avaliación: Valoración da participación.
2ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
  • Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller. Método de avaliación: Rúbricas sobre o Proxecto e a Memoria técnica.
  • Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais e exercicios do caderno.

    3ª Avaliación:
    • Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos sobre os contidos de programación con Scratch. Método de avaliación: Valoración dos traballos realizados e Rúbricas.
    • Un 30% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos sobre os contidos de procesado de texto con Writer e manipulación básica de imaxe. Método de avaliación: Valoración dos traballos realizados e Rúbricas.
    • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase. Método de avaliación: Valoración da participación.

    Presentación da materia: Tecnoloxía 2º ESO. Curso 2022-2023.

    Nesta entrada podes consultar os contidos principais da materia de Tecnoloxía de 2º de ESO para o curso 2022-2023, así como os criterios de cualificación.

    Podes acceder á seguinte presentación da materia realizada en Genial.ly:

    Ou podes ver un resumo da mesma información no seguinte cadro-resumo:

    A materia se compón de 3 grandes contidos:

    Os traballos se realizarán de xeito individual e en grupos.

    Criterios de cualificación:
    1ª Avaliación:
    • Un 20% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
    • Un 40% da nota obterase dos controis e exames teóricos. Método de avaliación: Probas escritas.
    • Un 30% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais, realización dos proxectos introdutorios, exercicios do caderno, buscas en Internet.
    • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller. Método de avaliación: Valoración da participación.
    2ª Avaliación:
    • Un 10% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
    • Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller. Método de avaliación: Rúbricas sobre o Proxecto e a Memoria técnica.
    • Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais e exercicios do caderno.
    • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller. Método de avaliación: Valoración da participación.
      3ª Avaliación:
      • Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos sobre os contidos de programación con Scratch. Método de avaliación: Valoración dos traballos realizados e Rúbricas.
      • Un 30% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos sobre os contidos de procesado de texto con Writer e manipulación básica de imaxe. Método de avaliación: Valoración dos traballos realizados e Rúbricas.
      • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase. Método de avaliación: Valoración da participación.

      Benvida ao novo Curso 2022-2023.

      Benvidos ao novo curso no blogue de aula da materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de ESO e Tecnoloxía de 2º de ESO, do IES. Chano Piñeiro.

      Neste blogue podedes acceder aos diversos contidos teóricos e prácticos que traballaremos durante o curso. Ademais podedes ver as entradas de cursos anteriores, nas que se recollen, por exemplo, os proxectos realizados na aula-taller de Tecnoloxía.

      Estes e outros contidos estarán tamén accesibles nos respectivos cursos da aula virtual en Google Classroom, na que ademais teredes que entregar os exercicios propostos polo profesor.

      Nas materias de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de ESO e de Tecnoloxía de 2º de ESO utilizamos os coñecementos de diversas Ciencias e Tecnoloxías para a realización de proxectos tecnolóxicos. En cada curso, comezamos cuns contidos teóricos fundamentais que aplicaremos na realización de proxectos tecnolóxicos na aula-taller e que completaremos con contidos de Tecnoloxía Informática durante a 3º avaliación.

      De novo un saúdo a todos e benvidos ao novo Curso.

      O profesor: Manuel Andújar Matalobos.