mércores, 15 de decembro de 2021

Proxectos de Tecnoloxía para a 2ª avaliación. 2º ESO. Curso 2021-2022.

Comezamos a 2ª avaliación cos proxectos introdutorios xa rematados, os cales nos permitiron coñecer algunhas das ferramentas da aula-taller de Tecnoloxía e como utilizalas.

Durante esta avaliación, ides a construír os vosos proxectos seguindo as 6 fases do proxecto tecnolóxico:
Para axudarvos na realización do voso proxecto podedes descargar os seguintes documentos:
  • Diario do proxecto.pdf, que podedes usar para indicar os prazos de realización de cada fase, xunto cos datos máis relevantes sobre elas.
  • Diario de taller.pdf, onde teredes que recoller as diversas operacións realizadas, quen as realizou e as ferramentas e material utilizado, como paso previo para a elaboración da Memoria do proxecto.
Animádevos a ser creativos, podedes ver un fragmento do programa nº 89 de Redes de TVE, sobre a creatividade:

Os proxectos selecionadas para a súa realización foron:


De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os diarios do proxecto e de taller, o que lles permitirá redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato .pdf ou .odt Memoria.pdf ou Memoria.odt).

luns, 13 de decembro de 2021

Metroloxía. 2º ESO. Curso 2021-2022

O 1º contido teórico-práctico de Taller será o de Metróloxía, que se centra en coñecer o uso do Calibre e do Micrómetro.

Unha ferramenta imprescindible no taller é o Calibre ou Pé de Rei.

Esta ferramenta nos permite realizar medidas con precisións de décimas de milímetro, tanto de exteriores de pezas, como de interiores ou de profundidade. Todas estas medidas son moi habituais ao realizar vaciados e furados de obxectos.
Os contidos sobre o Calibre podes atopalos no seguinte pdf: Metroloxía.pdf e debes pasalos ao teu caderno na sección de Taller.

O Calibre é unha ferramenta máis que suficiente para as medidas habituais no noso taller, pero cando se necesita tomar medidas aínda máis precisas, se pode utilizar outra ferramenta chamada Micrómetro ou Palmer.

O Micrómetro (contido obtido de Wikipedia), permite tomar medidas con gran precisión, nun rango da orde de centésimas ou de milésimas de milímetro (0,01 mm e 0,001 mm, respectivamente).
  1. Corpo: Constitúe a armazón do micrómetro.
  2. Tope: Determina o punto cero da medida.
  3. Espiga: Elemento móbil que determina a lectura do micrómetro.
  4. Panca de fixación: Que permite bloquear o desprazamento da espiga.
  5. Trinquete: Limita a forza exercida ao realizar a medición.
  6. Tambor móbil: Solidario á espiga, na que está gravada a escala móbil de 50 divisións.
  7. Tambor fixo: Solidario ao corpo, onde está gravada a escala fixa de 0 a 25 mm.
Os  contidos sobre o Micrómetro podes atopalos no seguinte pdf: Metroloxía2.pdf.