Uso do procesador de texto Writer, da suite ofimática LibreOffice.org.
O seguinte contido de informática é o uso do procesador de textos Writer, da suite ofimática LibreOffice. As instrucións que necesitarás, están recollidas no documento: "Procesado de textos con Writer.pdf"
No documento "Procesado de textos con Writer.pdf", se explica como realizar un traballo de clase cuxo obxectivo final é entregar un pdf, que debe imitar o modelo que se mostra de seguido: Modelo Traballo.pdf.
Como 1ª tarefa en Classroom, debedes entregar a vosa versión do modelo anterior, chamándoo Modelo_Traballo_Nome.pdf.
Para axudarvos na elaboración desta tarefa, contades tamén coa axuda de 3 vídeos explicativos:
No 1º se explica como:
- Inserir cabeceiras e rodapés.
- Escribir o texto sen darlle formato.
- Pasarlle o corrector ortográfico ao texto.
- Formatar o texto.
No 2º se explica como:
- Inserir caracteres especiais.
- Inserir unha táboa.
No 3º se explica como:
- Capturar e inserir imaxes.
- Crear listas de numeración e viñetas.
- Cambiar a configuración por defecto da páxina.
- Crear o documento final en formato pdf.
Podes necesitar engadir fórmulas nos teus documentos, para aprender a facelo, temos os exercicios de realización de fórmulas que contén o pdf: "Exercicio Math".
A 2ª tarefa que aparecerá en Classroom, será a realización dun traballo dunha extensión máxima de 2 páxinas sobre Novos materiais.
No documento Novos materiais.pdf están as instrucións que te indicarán como realizar este traballo.
O seguinte vídeo explica como copiar texto e imaxes desde internet sen copiar os seus formatos orixinais da páxina web (Como copiar texto e imaxes aos nosos traballos en Writer):
No documento Novos materiais.pdf están as instrucións que te indicarán como realizar este traballo.
O seguinte vídeo explica como copiar texto e imaxes desde internet sen copiar os seus formatos orixinais da páxina web (Como copiar texto e imaxes aos nosos traballos en Writer):