luns, 4 de xaneiro de 2021

Proxectos de Tecnoloxía. 2º ESO. Curso 2020-2021.

Comezamos a 2ª avaliación cos proxectos introdutorios xa rematados, os cales nos permitiron coñecer algunhas das ferramentas da aula-taller de Tecnoloxía e como utilizalas.

Durante esta avaliación, ides a construír os vosos proxectos seguindo as 6 fases do proxecto tecnolóxico:

O 1º paso é "Identificar o problema", que para vós consistirá en decidir que queredes realizar (como xa sabedes tedes exemplos de proxectos de cursos anteriores, pero tamén tedes moita información e exemplos en internet, ademais de que poidades ter unha idea orixinal que queirades realizar).
Nun 2º paso "Explorar as diversas ideas" podedes propoñer modificacións ao proxecto orixinal, que non ten por que seguir un plano "ao pé da letra".
E no 3º paso "Planificación", podedes buscar no almacén do taller o material que necesitaredes, para pasar ao 4º paso "Construír o obxecto".

Para axudarvos na realización do voso proxecto podedes descargar os seguintes documentos:
  • Diario do proxecto.pdf, que podedes usar para indicar os prazos de realización de cada fase, xunto cos datos máis relevantes sobre elas.
  • Diario de taller.pdf, onde teredes que recoller as diversas operacións realizadas, quen as realizou e as ferramentas e material utilizado, como paso previo para a elaboración da Memoria do proxecto.
Animádevos a ser creativos, de seguido podedes ver un fragmento do programa nº 89 de Redes de TVE, sobre a creatividade:

Os que tedes pendente de recuperar o exame de teoría da 1ª avaliación, teredes que ir pasando ao voso caderno os boletíns de repaso, antes de facer o exame de recuperación.
De seguido tedes as ligazóns aos boletíns de repaso en formato pdf:
Os proxectos elixidos en 2º A foron:


De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
Os proxectos elixidos en 2º B foron:

De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os diarios do proxecto e de taller, o que lles permitirá redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato .pdf ou .odt Memoria.pdf ou Memoria.odt).