martes, 13 de decembro de 2016

Grupos de Taller 2ª avaliación (2º ESO). Curso 2016-2017.

Estamos a rematar a 1ª avaliación e comezaremos co traballo previo para a realización dos proxectos de Tecnoloxía.
Cada grupo debe realizar as 3 primeiras fases do proxecto tecnolóxico antes de comezar coa súa construción:
  1. Identificar o problema.
  2. Explorar as diversas ideas.
  3. Planificar ou desenrolar a idea elixida.
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os seguintes documentos: Diario do proxecto.pdf e Diario de Taller.pdf, que lle permitirán redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato pdf ou odt).

De seguido se mostra a lista dos novos grupos de taller, co proxecto seleccionado:
Planos de construción:

venres, 7 de outubro de 2016

Grupos de Taller. 3º ESO A e B. Curso 2016-2017.

Durante este curso, os proxectos de taller estarán relacionados coa Robótica, no Taller de tecnoloxía dispoñemos de 11 robots: 2 Lego Ev3, 1 Bot'nRoll One A, 1 Sphero SPRK Edition 1 BQ PrintBot Evolution e 6 Mbot Ranger.

Entre o traballo a realizar cos robots están: A súa montaxe, a instalación das Apps de control mediante DD.MM., a realización dos circuítos de proba (segueliñas, evitaobstáculos, etc) e a programación dos robots para as diversas probas.

As listas dos grupos de taller de 3º ESO A e B para o curso 2016-2017 quedan como segue:


(Nota: Debido á implantación da LOMCE, só os alumnos que elixiran a opción de "Aplicadas", poderían matricularse en Tecnoloxía de 4º de ESO. Isto impediría o acceso aos contidos de robótica, que se viñan impartindo en 4º de ESO a gran parte do alumnado de Tecnoloxía, é por isto, polo que estes contidos se tratan como proxectos de taller en 3º de ESO).

mércores, 5 de outubro de 2016

Grupos 2º ESO. Traballos iniciais no Taller. Curso 2016-2017.


Durante este curso imos a realizar a introdución ao traballo en Taller e ao coñecemento das ferramentas dun xeito práctico.

Os 8 grupos que se mostran arriba, traballarán alternativamente en 2 proxectos.
Cada día 4 grupos prepararán as memorias e planificarán o traballo nas mesas de estudo, mentras os outros 4 construirán o proxecto asignado ao seu grupo nas mesas de construción.
Para que o proceso sexa máis sinxelo, se asignou o mesmo proxecto aos 4 grupos de cada quenda.

Podes descargar os planos de construción (obtidos da páxina de Opitec) en formato pdf:

Na seguinte imaxe tedes un plano do taller de Tecnoloxía, coa disposición dos diferentes espazos de traballo.

mércores, 30 de marzo de 2016

Proxectos realizados 3º ESO A. Curso 2015-2016.

Estes foron os proxectos realizados durante a 2ª avaliación no Taller de Tecnoloxía.

Grupo 1. Motor Stirling. Diego Campos, David Cao e Xavier García.


Grupo 2. Aeroxerador Sabonius. Cristina Ogando, Antía Vea e Olivia Vilariño.


Grupo 3. Muíño de vento. Sebastián Álvarez, Eider Espiña, Leticia Míguez e Paulo Varela.

Grupo 4. Motor eléctrico (maqueta de Opitec). José Álvarez, Jonathan Canabal e Iván Pereira.


Grupo 5. Base robot con Arduino. Iván de la fuente e Marc Villaverde.


Grupo 6. Motor con contactor reed. Rebeca Adán e Aida Miranda.


Grupo 7. Motor eléctrico. Uxía Torres, Seraina Barros e Ainara Casado.


Grupo 8. Máquina Da Vinci (movemento alternativo). Santiago Martínez, José Manuel Barreiro e David Obelleiro.

Proxectos realizados 2º ESO B. Curso 2015-2016.

Estes foron os proxectos realizados durante a 2ª avaliación no Taller de Tecnoloxía (os proxectos das pontes levadizas poderán ser continuados durante o vindeiro curso para incluír a parte eléctrica)

Grupo 1. Catapulta romana. Jairo Dias, David Gil e Froilán González.

Grupo 2. Ponte levadiza. Alfonso Alonso, Paula Jorge e María Rivas.

Grupo3. Grúa romana. Ana Casado, Zaida García e Katya Míguez.

Grupo 4. Catapulta romana. Sergio Barbeitos, Juan Cao e Valentín Rajoy.

Grupo 5. Ponte levadiza. Alejandro García e Borja Torres.

Proxectos realizados 2º ESO A. Curso 2015-2016



Estes foron os proxectos realizados durante a 2ª avaliación no Taller de Tecnoloxía (O proxecto da lancha "Cristina" poderá continuarse durante o vindeiro curso).

Grupo 1. Lancha "Cristina". Mario Constenla, Raúl García e Jonathan Couceiro.

Grupo 2. Roda hidráulica. Adriana Perdomo, Nadia Garrido e Uxía Rodríguez.


Grupo 3. Catapulta Romana. Manuel Vilar, Marcos Villaverde e Guillermo C. García.

Grupo 4. Ponte. Ariadna Parra, Irene Vázquez e Zaira Cortizo.


Grupo 5. Catapulta romana. Pablo Montáns, Álvaro Varela e Nicolás Vázquez.

venres, 8 de xaneiro de 2016

Grupos de Taller de 3º ESO A. Curso 2015-2016.

Durante a 2ª avaliación imos a realizar os proxectos tecnolóxicos, o luns 11 de xaneiro, tódolos grupos deben estar formados e deben indicar ao profesor o proxecto que realizarán.

De seguido, se mostra a lista cos grupos de traballo xa decididos, á espera de que se complete o vindeiro luns.

 As memorias de fabricación para os proxectos elixidos son as seguintes:
Durante a fase de construción, imos a recoller os datos principais das tarefas realizadas (material, ferramenta, tempo que levou, responsable/s da tarefa) usando o diario de taller.
O obxectivo deste diario de taller é que nos permita completar dun xeito sinxelo a Memoria de construción do noso proxecto.