sábado, 11 de outubro de 2025

Proxectos introdutorios 2º ESO. Curso 2025-2026.


Os proxectos de Tecnoloxía deste curso consistirán na realización de diversas máquinas móbiles, é por isto, que no proxecto introdutorio intentaremos acadar as habilidades necesarias para poder realizar estes proxectos.
Practicaremos o uso do aplicativo de deseño 2D LibreCAD e levaremos os deseños realizados en formato .dxf á cortadora Láser Mr. BeamII do taller. Se nalgún momento foxe necesario imprimir pezas en 3D, podedes solicitar a axuda ao profesor.

Necesitarás estes arquivos durante a realización do proxecto introdutorio:

Tamén pode consultar un pdf coa información básica sobre como deseñar engrenaxes: Como deseñaremos os nosos engrenaxes?

Ademáis, tal vez necesitedes deseñar unha caixa para conter as vosas máquinas móbiles ou para o sistema de engrenaxes. Podedes utilizar o aplicativo en liña Boxes.py, que permite deseñar múltiples modelos de caixas, estes deseños tamén os poderás exportar en formato .dxf.

Os grupos de taller serán os seguintes:


Debedes asignar os cargo de cada grupo, que serán:
Coordinador, Reponsable de Ferramentas e Responsable da Documentación.

No seguinte documento tedes unha explicación breve de como se organizará o traballo en taller:

Cada grupo debe completar a seguinte documentación durante a realización do seu proxecto:

venres, 10 de outubro de 2025

Proxectos introdutorios. 1º ESO. Curso 2025-2026.

 
O proxecto introdutorio a realizar durante a 1ª avaliación, será:

Dividiremos a clase en 2 grupos: A e B. Lista dos grupos de taller:

Debedes asignar os cargo de cada grupo, que serán:
Coordinador, Reponsable de Ferramentas e Responsable da Documentación.

No seguinte documento tedes unha explicación breve de como se organizará o traballo en taller:

Cada grupo debe completar a seguinte documentación durante a realización do seu proxecto:

xoves, 18 de setembro de 2025

Introdución ao Deseño 2D con LibreCAD. 2º ESO.

O LibreCAD é un programa de debuxo vectorial. A diferenza doutros programas como Paint ou Gimp, os debuxos non están compostos por puntos (bitmap), senón por elementos vectoriais.

Os debuxos vectoriais non perden resolución nin se pixelan ao ser ampliados, porque os parámetros introducidos na definición do elemento vectorial permiten redebuxalo despois de aplicar a transformación, polo que son ideais para o deseño de planos.

Durante a realización dos proxectos de Tecnoloxía comprobarías que unha axuda moi grande é contar con debuxos explicativos das pezas a construir e do proxecto a realizar nos planos de construción.

Unha ferramenta de deseño 2D que podes utilizar para realizar os teus propios deseños e debuxos para os teus planos é LibreCAD. Este é un aplicativo gratuíto e multiplataforma (hai versións para Linux, MacOS e Windows).

Ademais, como no taller contamos cunha gravadora-cortadora Láser (Mr Beam II) que pode gravar ou recortar os nosos deseños, en taboleiros de contrachapado de ata 4 mm de grosor, podremos deseñar as nosas pezas, debuxos ou texto no aplicativo LibreCAD e levalos despois á Mr Beam II.

De seguido tedes a ligazón a un vídeo titorial de introdución a LibreCAD, realizado por Rafael Quintero:

Tamén podes descargar os seguintes pdfs con indicacións básicas de uso e configuración de LibreCAD:

venres, 12 de setembro de 2025

Introdución á Tecnoloxía. 1º ESO.

Neste tema imos a introducirnos no mundo da Tecnoloxía:
  • Que é?
  • A súa evolución histórica
  • As partes do proceso tecnolóxico.
Podes ver unha presentación realizada en Genial.ly:

O resumo do tema está no seguinte arquivo pdf: Introdución á Tecnoloxía.pdf.
A imaxe mostra os obxectos en órbita baixa (ata 2000 Km) ao redor da Terra, dos que actualmente se está a realizar seguimento. Aproximadamente o 95% deles, son satélites fora de funcionamento. Fonte NASA.

Para unha maior información sobre o lixo espacial, de seguido tes a Ligazón ao vídeo Space Debris 1957 - 2016 | Watch this Space - Episode 5 e a aplicación Low earth orbit visualization tool que mostra a posición, en tempo real, nome e outros datos sobre case 20.000 obxectos que orbitan a Terra a unha distancia de entre 120 e 2.000 kilómetros (a órbita baixa terrestre).
Ademais, aquí tes unha ligazón sobre a illa de plástico no pacífico.
Resumo: Evolución histórica da tecnoloxía.

Fases do proceso tecnolóxico

Material extra:

Mecanismos. 2º ESO.


Este curso o contido teórico principal son os Mecanismos: Pancas e sistemas de transmisión e transformación do movemento.

O primeiro contido que veremos será o de Pancas, que tes resumido no pdf: As Pancas.

O seguinte contido é o de Poleas e Polipastos: Poleas e Polipastos.pdf.

De seguido, tes o contido de Sistemas de transmisión do movemento: Sistemas de transmisión.pdf.

Ferramentas. 1º ESO.

Se premes na seguinte ligazón podes descargar a lista das ferramentas máis utilizadas na aula-taller: "Ferramentas da aula-taller.pdf".

E no seguinte documento "Imaxes ferramentas.pdf" tes as imaxes correspondentes a cada unha delas.

Podes tamén consultar, cando teñas dúbidas sobre o uso correcto das ferramentas, estes 2 aarquivos recompilatorios:

Na seguinte imaxe tes un plano da aula-taller de Tecnoloxía, coa disposición dos diferentes espazos de traballo.

martes, 2 de setembro de 2025

Matriz ou Rúbrica de avaliación do Caderno. 1º e 2º ESO.

Na materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º e 2º de ESO, na que non temos libro de texto, é moi importante que contedes cuns bos apuntes nos vosos cadernos de clase. É por isto que se lle da tanta importancia ao caderno para calcular a nota final da materia.

Para avaliar os vosos cadernos se utilizarán 2 matrices ou rúbricas de avaliación, que podedes consultar de seguido (tenta familiarizarte con elas se queres mellorar as túas notas do caderno).

Recordade que é importante ter un caderno completo, ordenado e lexible, que permita preparar en condicións os exames teóricos da materia e ampliar coñecementos de cara aos proxectos tecnolóxicos que se irán realizando.

Na seguinte imaxe podedes ver a rúbrica de avaliación do caderno (valorando unicamente a Presentación e o Contido). Recordade que o caderno contribúe cun 20% á nota da materia na 1ª avaliación.


Ademais, o voso caderno debe recoller tódolos exercicios propostos, prestando especial atención á súa correcta realización. Nesta outra imaxe podedes ver a rúbrica de avaliación dos exercicios recollidos no caderno. Este apartado contribúe, facendo media con outros exercicios, nun 30% da nota da materia na 1ª avaliación.

Presentación da materia: Tecnoloxía e Dixitalización II. 2º ESO. Curso 2025-2026.


Nesta entrada podedes consultar os contidos principais da materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º de ESO para o curso 2025-2026, así como os criterios de cualificación.

A SECUENCIACIÓN da materia, será:

1ª Avaliación: Mecanismos.

  • U.D. 1: Mecanismos (Teoría e práctica).
  • U.D. 2: Proxectos introdutorios (Profundización).
  • U.D. 3: Introdución ao Deseño 2D con LibreCAD (Práctica).

2ª Avaliación: Proxectos (II).

  • U.D. 4: Profundización no Deseño 2D con LibreCAD (Teoría e Práctica).
  • U.D. 5:  Proxecto tecnolóxico.

3ª Avaliación: Deseño 3D e Robótica.

  • U.D. 6: Introdución ao deseño 3D con TinkerCad (Teoría e Práctica).
  • U.D. 7: Introdución á robótica (Teoría e práctica).

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

1ª Avaliación:
  • Un 20% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 30% da nota obterase dos controis e exames teóricos.
  • Un 40% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo (exames orais e avaliación dos exercicios no caderno e no taller).
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
2ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 50% da nota obterase do proxecto tecnolóxico.
  • Un 30% da nota obterase dos exercicios no taller e dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
3ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 50% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos realizados no contido de robótica.
  • Un 30% da nota obterase dos exercicios de Deseño 3D con TinkerCAD e dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.

Presentación da materia: Tecnoloxía e Dixitalización I. 1º ESO. Curso 2025-2026


Nesta entrada podedes consultar os contidos principais da materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de ESO para o curso 2025-2026, así como os criterios de cualificación.

Os traballos se realizarán de xeito individual e en grupos.

Criterios de cualificación:
1ª Avaliación:
  • Un 20% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
  • Un 40% da nota obterase dos controis e exames teóricos. Método de avaliación: Probas escritas.
  • Un 30% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais, realización dos proxectos introdutorios, exercicios do caderno, buscas en Internet.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller. Método de avaliación: Valoración da participación.
2ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
  • Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller. Método de avaliación: Rúbricas sobre o Proxecto e a Memoria técnica.
  • Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais e exercicios do caderno.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller. Método de avaliación: Valoración da participación.
    3ª Avaliación:
    • Un 10% da nota corresponderá ao caderno. Método de avaliación: Análise e corrección dos cadernos.
    • Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos sobre os contidos de programación con Scratch. Método de avaliación: Valoración dos traballos realizados e Rúbricas.
    • Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo. Método de avaliación: Probas orais, probas escritas e exercicios do caderno.
    • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase. Método de avaliación: Valoración da participación.

    Benvid@s ao novo Curso 2025-2026.


    Benvid@s ao novo curso no blogue de aula da materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º e 2º de ESO no IES. Chano Piñeiro.

    Neste blogue podedes acceder aos diversos contidos teóricos e prácticos que traballaremos durante o curso. Ademais podedes ver as entradas de cursos anteriores, nas que se recollen por exemplo, os proxectos realizados na aula-taller de Tecnoloxía.

    Os contidos principais estarán tamén accesibles nos cursos respectivos da aula virtual (EVA) na que ademais podedes entregar os exercicios propostos polo profesor.

    Nas materias de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º e 2º de ESO utilizamos os coñecementos de diversas Ciencias e Tecnoloxías para a realización de proxectos tecnolóxicos, en cada curso comezamos cuns contidos teóricos fundamentais que aplicaremos na realización de proxectos tecnolóxicos na aula-taller e que completaremos con contidos de programación e robótica durante a 3ª avaliación.

    De novo un saúdo a tod@s e benvid@s ao novo Curso.

    O profesor: Manuel Andújar Matalobos.