luns, 4 de xaneiro de 2021

Metroloxía. 2º ESO. Curso 2020-2021

O 1º contido teórico-práctico da 2ª avaliación será o de Metróloxía, que se centra en coñecer o uso do Calibre e do Micrómetro.

Unha ferramenta imprescindible no taller é o Calibre ou Pé de Rei.

Esta ferramenta nos permite realizar medidas con precisións de décimas de milímetro, tanto de exteriores de pezas, como de interiores ou de profundidade, todas elas moi habituais ao realizar vaciados e furados de obxectos.
Os contidos sobre o Calibre podes atopalos no seguinte pdf: Metroloxía.pdf, e debes pasalos ao teu caderno na sección de Taller.

O Calibre é unha ferramenta máis que suficiente para as medidas habituais no noso taller, pero cando se necesita tomar medidas aínda máis precisas, se pode utilizar outra ferramenta chamada Micrómetro ou Palmer.

O Micrómetro (contido obtido de Wikipedia), permite tomar medidas con gran precisión, nun rango da orde de centésimas ou de milésimas de milímetro (0,01 mm e 0,001 mm, respectivamente).
  1. Corpo: Constitúe a armazón do micrómetro.
  2. Tope: Determina o punto cero da medida.
  3. Espiga: Elemento móbil que determina a lectura do micrómetro.
  4. Panca de fixación: Que permite bloquear o desprazamento da espiga.
  5. Trinquete: Limita a forza exercida ao realizar a medición.
  6. Tambor móbil: Solidario á espiga, na que está gravada a escala móbil de 50 divisións.
  7. Tambor fixo: Solidario ao corpo, onde está gravada a escala fixa de 0 a 25 mm.
Os  contidos sobre o Micrómetro podes atopalos no seguinte pdf: Metroloxía2.pdf.

Ningún comentario:

Publicar un comentario