luns, 4 de xaneiro de 2021

Robótica (Profundización). 3º ESO. Curso 2020-2021.


Durante a 2ª avaliación nos dedicaremos a profundizar no coñecemento e programación do robot Mbot Ranger, para posteriormente realizar programas "segueliñas" para o Mbot Ranger e "Labirinto" para os mClon (podes visitar a páxina dos creadores do mClon premendo na seguinte ligazón: Tecnoloxía.org e atoparás información moi interesante na ligazón resolver un labirinto de Tecnoloxía.org).

De seguido tedes ligazóns aos pdf's que vós permitirán profundizar no coñecemento e uso dos motores e dos sensores externos do Mbot Ranger, así como vos proporcionarán información de interese sobre os programas "Segueliñas" e "Labirinto":
Ademais, durante a 2ª avaliación traballaremos os contidos de Introdución á Electricidade e Electrónica, que nos permitirán coñecer máis a fondo como funcionan os diversos sensores e actuadores e como medir as súas principais variables eléctricas (V, I e R) coa axuda do polímetro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario