Nesta entrada podes consultar os contidos principais da materia de Tecnoloxía en 3º de ESO para o curso 2020-2021, así como os criterios de cualificación.
O traballo se fará de xeito individual e en grupos.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
1ª Avaliación:
- Un 20% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
- Un 50% da nota obterase dos controis e exames teóricos.
- Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo (exames orais e avaliación dos exercicios no caderno e no taller).
- Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
2ª Avaliación:
- Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
- Un 50% da nota obterase do proxecto: Competición de robótica.
- Un 30% da nota obterase dos exercicios no taller e dos controis e exames teóricos.
- Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
3ª Avaliación:
- Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos realizados cos ordenadores da aula de informática sobre os contidos de follas de cálculo.
- Un 30% da nota obterase dos exercicios de Deseño 3D con TinkerCAD e dos controis e exames teóricos.
- Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario