domingo, 10 de setembro de 2017

Presentación da materia: Tecnoloxía 2º ESO. Curso 2017-2018.


Nesta entrada podes consultar os contidos principais da materia de Tecnoloxía en 2º de ESO para o curso 2017-2018, así como os criterios de  cualificación.

Podes acceder á seguinte presentación realizada en Genial.ly:


Ou tamén tes a mesma información resumida.

A materia se compón de 3 grandes contidos:

O traballo se realizará de xeito individual e en grupos.

Criterios de cualificación:
1ª Avaliación:

    • Un 20% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
    • Un 40% da nota obterase dos controis e exames teóricos.
    • Un 30% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo (exames orais, avaliación dos exercicios do tema e proxectos introdutorios á Tecnoloxía).
    • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller.
      2ª Avaliación:

        • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
        • Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller, avaliándose a correcta realización do proxecto, o uso adecuado das ferramentas e a da memoria técnica.
        • Un 20% da nota obterase dos controis e exames teóricos.
        • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase e na aula taller.
          3ª Avaliación:

            • Un 70% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos realizados cos miniportátiles da aula abalar sobre os contidos de procesado de texto e programación con Scratch.
            • Un 20% da nota obterase dos exames orais, controis e exames teóricos.
            • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.


              Avaliación dos proxectos no taller de tecnoloxía:


              Ningún comentario:

              Publicar un comentario