martes, 23 de maio de 2017

Creación e formatado dun documento de texto con Writer de LibreOffice (2º ESO).

Creación e formatado dun documento de texto con Writer.

O obxectivo deste exercicio é crear un documento de texto cun formato avanzado (táboas, listas de numeración, etc) que de como resultado un documento en formato PDF en galego, sen faltas de ortografía, similar ao exemplo proporcionado polo profesor e denominado: Modelo Exercicio.pdf.

As instrucións básicas sobre este exercicio as atoparás no documento: Exercicio.pdf.

Para darlle o formato correcto ao teu documento segue as instrucións do documento proporcionado polo profesor: Procesado de textos.pdf.


Unha vez completado o exercicio, vai ata a aula virtual (Curso de Tecnoloxía de 2º ESO) e preme na ligazón Enviar o Exercicio, para que o profesor o avalíe.

martes, 9 de maio de 2017

Manexo da folla de Cálculo, Calc de LibreOficce. 3º ESO.


Os contidos de informática correspondentes á materia de Tecnoloxías de 3º de ESO, consisten fundamentalmente no manexo da folla de cálculo, no noso caso a de LibreOffice: Calc.
Os contidos do curso, así como os exercicios a realizar, podes descargalos premendo nas seguintes ligazóns:

Contidos teóricos e prácticos de introdución ao uso da folla de cálculo Calc: Uso da folla de cálculo Calc.pdf.

Entre os exercicios a realizar está o da creación dunha factura de Telefónica, para o que necesitarás o documento: Factura Telefónica.ods.

Cando remates os exercicios básicos, podes acceder aos exercicios avanzados no seguinte documento: Uso avanzado de Calc.pdf.

Os exercicios debes envialos á aula virtual do IES. Chano Piñeiro (ao curso de Tecnoloxía de 3º de ESO), onde tamén tes copia dos documentos que compoñen estes contidos de informatica.

venres, 5 de maio de 2017

Modificacións realizadas no robot Mbot Ranger (versión corredor)


Debido ao gran consumo de pilas dos robots Mbot Ranger, decidimos comprar baterías recargables de 4000 mA – 12 V.

Estas baterías se adaptaron moi ben aos robots da modalidade tanque (pois o espacio para o portapilas é suficientemente grande para substituílo pola batería).

Pero na versión corredor (con rodas), o espazo se reduce (é un pouco máis curto que o tanque) e non cabe a batería. Para solucionar este problema tivemos que ampliar a lonxitude do robot, para o que imprimimos unhas pezas na impresora 3D do taller.

Ademais, aproveitamos tamén para crear unhas pezas que nos permitiran colocar o sensor de IR por diante dos motores.

As pezas foron deseñadas con FreeCAD e se poden descargar en formato .stl premendo na seguinte ligazón ao arquivo comprimido: "Pezas ampliación robot corredor.zip"

As pezas foron impresas no Taller de Tecnoloxía coa impresora 3D Legio (de Leon3D).