mércores, 29 de marzo de 2017

Introdución ao Deseño 3D con TinkerCAD (3º ESO)


O seguinte contido da materia será unha introdución ao Deseño 3D coa ferramenta "en liña" TinkerCAD.

TinkerCAD é un sinxelo entorno de Deseño 3D que non necesita instalación no teu ordenador, pois se executa desde o teu navegador. Só necesitas rexistrarte (por exemplo utilizando a túa conta de ieschp.com).

Unha vez realizado o teu deseño (que se gardará nos servidores de TinkerCAD), podes compartilo (facéndoo público) en Thingiverse ou descargalo no teu ordenador en formato .stl.

Co deseño en formato .stl poderás abrilo co programa Repetier do Taller e pasalo a formato .gcode con Slicer, que é o que "entende" a impresora 3D.

Para ter unha primeira visión das posibilidades do Deseño e Impresión 3D, podes visualizar a seguinte presentación en Prezi, realizada por César Riádigos:




Por último, se queredes ver unha pequena introdución a TinkerCad, podedes acceder á seguinte ligazón na páxina DIWO (de BQ) ou premer na seguinte ligazón a un videotitorial de TinkerCAD (en Inglés).
 Exemplo deseño con TinkerCAD

Ningún comentario:

Publicar un comentario