domingo, 10 de setembro de 2017

Presentación da materia: Tecnoloxía 3º ESO. Curso 2017-2018.


 
A materia a podemos dividir en 3 grandes grupos:


O traballo se fará de xeito individual e en grupos (de 3 alumnos como máximo).

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:

1ª Avaliación:
  • Un 20% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 50% da nota obterase dos controis e exames teóricos.
  • Un 20% da nota deberase á avaliación dos traballos individuais e en grupo (exames orais e avaliación dos exercicios do tema).
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
2ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 60% da nota obterase dos Proxectos realizados no Taller, avaliándose a correcta realización do proxecto, o uso adecuado das ferramentas e a da memoria técnica.
  • Un 20% da nota obterase dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.
3ª Avaliación:
  • Un 10% da nota corresponderá ao caderno, avaliándose a correcta recollida dos apuntes e a súa integridade.
  • Un 60% da nota obterase da avaliación dos exercicios prácticos realizados cos ordenadores da aula de informática sobre os contidos de follas de cálculo.
  • Un 20% da nota obterase dos controis e exames teóricos.
  • Un 10% corresponderá á responsabilidade, dilixencia e presentación final das diversas tarefas relacionadas cos contidos tratados en clase.

Ningún comentario:

Publicar un comentario