venres, 16 de setembro de 2016

Mecanismos. 3º ESO. Curso 2016-2017


Durante a 1ª avaliación centrarémonos nos contidos teóricos principais deste curso, para poder aplicalos posteriormente na realización dos proxectos no Taller durante a 2ª avaliación.
Comezaremos polos contidos relacionados cos sistemas mecánicos: Pancas e sistemas de transmisión e transformación do movemento (con engrenaxes e poleas).
Para acceder aos apuntes sobre sistemas mecánicos, podes premer sobre a  seguinte ligazón ao documento en formato PDF: Mecanismos.pdf
Como ampliación de información podes premer na seguinte ligazón a Youtube:
Nas seguintes ligazóns podes acceder a máis exercicios sobre mecanismos:

Ampliación:

Introdución á tecnoloxía. 2º ESO. Curso 2016-2017

Nesta entrada podedes atopar en formato PDF os contidos introdutorios á materia de Tecnoloxía de 2º de ESO, sobre os que iredes traballando durante os primeiros días de clase.
Premede na seguinte ligazón se queredes descargar o arquivo: Introdución á Tecnoloxía.pdf

No documento faise unha introdución á materia que consta dos seguintes contidos:
Definición de Tecnoloxía, evolución histórica da tecnoloxía e o proceso tecnolóxico.
Tamén tedes imaxes con exemplos de produtos, máquinas e ferramentas:
E tamén podedes apreciar a influencia do progreso tecnolóxico no medio ambiente coa imaxe do lixo espacial arredor da Terra:
A imaxe mostra os obxectos en órbita baixa (ata 2000 Km) ao redor da Terra, dos que actualmente se está a realizar seguimento. Aproximadamente o 95% deles, son satélites fora de funcionamento. Fonte NASA.

Tamén contades cunha imaxe resumo da evolución da tecnoloxía ao longo da historia da humanidade:

e outra sobre as fases do proceso tecnolóxico, que seguiremos na elaboración dos proxectos no taller:
Material extra:

mércores, 14 de setembro de 2016

Benvida ao novo Curso 2016-2017



Benvidos ao blogue de aula, da materia de Tecnoloxía de 2º e 3º de ESO, do IES. Chano Piñeiro.

Neste blogue podedes acceder aos diversos contidos teóricos e prácticos que  traballaremos durante o curso. Ademais podedes ver as entradas nas que se recollen os proxectos realizados, na aula-taller de Tecnoloxía, en cursos anteriores.

Estes e outros contidos estarán tamén accesibles nos respectivos cursos da aula virtual (Moodle) da materia de Tecnoloxía do IES. "Chano Piñeiro".
De novo un saúdo a todos e benvidos ao novo Curso.

O profesor: Manuel Andújar Matalobos.